4º Convivio da Cultura Galega

Nste sábado, 8 de xullo, decorrerá por 4º ano consecutivo o Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei da Terra Chá. Unha xornada de encontro, de convivencia e de festa de todas as xentes e entidades que ano após ano traballan, cada quen desde a súa expresión, difundindo e creando cultura de noso. Un día de festa, por volta de Manuel María e do seu compromiso coa cultura galega, de base e popular, nun espazo físico extraordinario como é a carballeira de Santa Isabel, á beira do Miño.

O Convivio, promovido pola Casa-Museo Manuel María, a Federación Galiza Cultura e a Asociación Cultural e Musical Solfa, terá o seguinte horario:

11.00 h: Acollida na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei (detrás do edificio do concello)
11.15 h: Benvida na horta da Casa-Museo por parte das entidades promotoras do Convivio da Cultura Galega.
11.30 h: Saída a pé para a carballeira de Santa Isabel con parada no cemiterio de Outeiro para realizar unha ofrenda floral a Manuel María.
12.00 h: Actuación na carballeira de Santa Isabel da Banda de música de Begonte-Rábade-Outeiro e da Banda e Coro da asociación cultural e musical Solfa
14.00 h: Xantar demorado. Cada quen trae a súa comida. O espazo conta con algunhas mesas e a organización pon as cadeiras.
17.00 h: Foliada na carballeira con distintos grupos musicais (Milesios, Pirilampo…) que interpretarán unha serie de pezas e aberta a quen queira cantar, tocar, bailar…  (Contactar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal e no tel. 698177621).

Así mesmo desenvolverase un encontro do asociacionismo cultural de base no auditorio da Casa-Museu Manuel María ás 11:30h aberto ás directivas das distintas asociacións como a quen quixer.