50 aniversario da UPG

A Unión do Povo Galego, UPG, fará o próximo 25 de xullo, Día da Patria Galega, 50 anos de existencia ao servizo de Galiza e do povo galego. Con tal motivo realizarase un acto político e de confraternidade, para conmemorarmos tan simbólica data e preparármonos con novos azos para os retos que agardan ao movemento nacionalista galego.

A celebración terá lugar o sábado 5 de xullo ás 18:30 horas no Parque de Bonaval de Santiago de Compostela co seguinte programa:

-18:30 h. Ofrenda floral no Panteón dos Galegos Ilustres.

-19:00 h. Acto Político no Parque de Bonaval coas intervencións de:

Xacobe García Souto
Alba Castanedo Sánchez
Pura Ferreño Saia
Xesús Seixo Fernández
María Pilar García Negro
Francisco Rodríguez Sánchez
Bautista Álvarez Domínguez
Néstor Rego Candamil

-20:00 h. Petiscos de convivio.