Máis de 60 partidos comunistas e obreiros de todo o mundo, entre eles a UPG, asinan un chamamento de solidariedade co povo palestino

Chamamento conxunto de partidos comunistas e obreiros en solidariedade co pobo palestino e contra a posición inaceptable de Donald  Trump

Os Partidos Comunistas e Obreiros que asinamos este chamamento

1.- Condenamos fortemente a declaración inaceptábel  do presidente de EE. UU. Donald  Trump, con que EEUU recoñece a Xerusalén como capital de Israel.

2.- Esta decisión  socava a loita xusta do pobo de Palestina contra a ocupación israelí, pola creación e o recoñecemento dun Estado palestino nas fronteiras de 1967 e con Xerusalén Este como a súa capital. Ademais, esta decisión é unha provocación perigosa contra os povos do Oriente Medio, debido a que está en dirección dunha conflagración máis xeral na rexión para satisfacer os plans imperialistas de EE. UU.

3.- A Unión Europea, os líderes dos seus estados-membros en xeral, tamén son responsábeis destes acontecementos porque levan anos profundando as súas relacións co estado de Israel, ao mesmo tempo que o estado israelí oprime e asasina ao pobo palestino.

4.- Facemos un chamamento aos traballadores, e a todos os povos a fortalecer a súa solidariedade co pobo palestino para a liberación dos milleiros de presos políticos dos cárceres israelís, a destrución do muro da vergoña, a retirada do exército israelí de todos os territorios ocupados de 1967, incluídos os altos de  Golán (Siria) e as granxas de  Shebaa (Líbano), o fin de todos os bloqueos contra os palestinos en Cisxordania e na Franxa de Gaza, o regreso dos refuxiados palestinos aos seus fogares en base ás resolucións pertinentes das Nacións Unidas, o recoñecemento dun estado palestino independente, soberano e viábel nas fronteiras de 1967, con Xerusalén Este como  capital.

O listado de partidos asinantes pode consultarse aquí: https://inter.kke.gr/en/articles/Common-Appeal-of-Communist-and-Workers-Parties-in-solidarity-with-the-Palestinian-people-and-against-the-unacceptable-position-of-D.Trump/