12 de Agosto de 2010

Con motivo de cumprirse 35 anos do asasinato de Xosé Ramón Reboiras Noia o 12 de agosto do ano 1975 a mans da policía franquista no portal número 27 da rúa da Terra en Ferrol, a Unión do Povo Galego (partido integrado na fronte patriótica Bloque Nacionalista Galego), organización onde militaba Reboiras, prepararou un acto conmemorativo na súa lembranza do que damos conta e ao que te queremos convidar.

O xoves 12 de agosto: En Ferrol, as 19.00 hor

as, haberá unha con

centración na Praza de Armas (diante da Casa do Concello) e partirase cara ao portal da rúa da Terra onde foi abatido Reboiras cun pasillo de bandeiras de Galiza e da UPG, facendo unha ofrenda floral e cantando a Internacional.

Ao remate desprazaremonos a pé até o Cantón onde se desenvolverá o acto político central (19.30 horas) coas seguintes intervencións:

  • Xoán Xosé Pita. Candidato do BNG á Alc aldía de Ferrol.
  • Francisco Rodríguez Sánchez. Secretario Xeral da UPG. Membro da Executiva Nacional do BNG.

Ao remate, canto do himno galego.