A UPG asina un comunicado, xunto a 75 Partidos de todo o mundo, contra o ataque militar imperialista a Siria

A UPG é un dos 75 Partidos de todo o mundo que asinan un comunicado contra o ataque militar imperialista a Siria, o texto é o seguinte:

Os Partidos Comunistas e Obreiros expresamos a nosa solidariedade co pobo sirio e condenamos o ataque militar contra Siria que está a ser preparado polos imperialistas da EE.UU., da OTAN e da UE xunto cos seus aliados para a promoción dos seus intereses na rexión.

Rexeitamos os pretextos imperialistas que, como se demostrou, foran utilizados tamén na guerra contra Iraq e nas demais guerras imperialistas contra Iugoslavia, Afganistán e Libia.

Chamamos á clase obreira, aos pobos en todo o mundo para combater e condenar a nova guerra imperialista, esixir que os gobernos dos seus países non se impliquen nin apoien o ataque militar criminal.