Acto de lembranza no aniversario do pasamento de Bautista Álvarez

O vindeiro sábado, 15 de setembro, a Unión do Povo Galego realizará un acto de lembranza a Bautista Álvarez co gallo do primeiro aniversario do seu pasamento, para seguir expresando  o recoñecemento a un home excepcional, a unha persoa que entregou a súa vida á causa da liberación nacional e social do povo galego e que o fixo con lucidez, con determinación e con coherencia até o final.

O acto desenvolverase a partir das 17:30 horas no Centro de Interpretación do castro de San Cibrao de Lás en San Amaro. E contará con intervencións políticas, recitais poéticas, actuacións musicais e proxección dun audiovisual que recolle a traxectoria vital e política de Bautista Álvarez baixo o programa seguinte:

-Introdución musical a cargo de Roberto Sobrado.

-Presentación do acto por parte de Montse Nóvoa, Secretaria de Zona da UPG.

-Intervencións poéticas con: Lois Diéguez, Marica Campo, Millán Picouto e Marta Dacosta.

-Proxección do audiovisual “Bautista Álvarez, patriota exemplar”.

-Actuación musical de Roberto Sobrado.

-Intervencións políticas:

Ana Pontón, Portavoz Nacional do BNG

Néstor Rego, Secretario Xeral da UPG.

-Canto do himno galego.

(A previsión é que o acto finalice ás 18:30 horas. Nel será distribuída unha edición impresa conmemortiva coa intervención de Bautista Álvarez no 50 aniversario da fundación da UPG).