Actos de homenaxe a Moncho Reboiras no 41 aniversario do seu asasinato

A Unión do Povo Galego (UPG) vai desenvolver os actos públicos de homenaxe a Xosé Ramón Reboiras Noia o vindeiro 12 de agosto, sexta feira, baixo o programa que se anexa.

Nestes momentos en que é máis necesario que nunca defender un proxecto político nacionalista,  recollemos o exemplo do camarada Moncho no traballo de autoorganización do povo galego e proclamamos a nosa fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza,  á que o noso camarada entregou a súa vida, e vos convidamos a participar con nós nesta homenaxe.

ACTOS CONMEMORATIVOS:

 

DODRO.

Cemiterio de Imo.

Ás 12:00h. Ofrenda floral.

SAN SADURNIÑO.

Finca da Cortiña.

Ás 14:30h. Xantar popular.

Ás 16:00h. Sobremesa de debate: “A mudanza real que a Galiza precisa”

 

FERROL.

Ás 19:00h. Concentración da Praza de Armas. Saída cara á rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras. Ofrenda floral e canto da Internacional.

Ás 19:30h. Intervención Políticas no Cantón.

Manuel Polo (Secretario de Zona da UPG en Ferrolterra)

Antía Ínsua (Comité Nacional da UMG)

Néstor Rego (Secretario Xeral da UPG)

Ao remate canto do himno galego.