Alba de Gloria no Pico Sacro ´17

Desde o ano 2011 a Federación Galiza Cultura conmemora o Día da Patria coa subida ao Pico Sacro e a lectura de Alba de Gloria.

Castelao tamén acudiu ao Pico Sacro no 1924 logo do golpe militar de Primo de Rivera no que quedaban proscritas a nosa lingua e cultura e paralizado o rexurdimento iniciado polas Irmandades da Fala. Naquela viaxe Castelao reafirmou a súa identificación cun espazo físico que foi soporte do espírito do noso pobo, un lugar sobre o que se ergueu unha identidade perseguida e negada. Por iso no exilio volveu a este lugar cando escribiu o Alba de Gloria. E por iso que dende a Federación Galiza Cultura animan a  volver  sobre os seus pasos lendo  este discurso para conmemorar o día da Patria Galega, o Alba de Gloria, ao que se dará lectura máis un ano, o sábado 22 de xullo, no cumio do Pico Sacro.


O programa de actos é o que sigue:

Programa

12.00h. Chegada ao Pico e concentración na fonte roubada do Pico Sacro
12:30 Benvida na chaira da capela do Pico Sagro a cargo da escritora Marica Campo e a continuación subida do último treito deste monte.
12:45h.: Izado da bandeira. Lectura de Alba Gloria de Castelao por representantes das A.C. O Galo de Santiago, Papaventos de Vedra, O Castro de Vigo e Vagalumes da Estrada. Canto do himno galego e baixada.
14:00h.: No adro da capela do Pico Sacro actuará o grupo de pandeiretas Raiola da AC. Manuel Gacio de Lestedo, que este ano obtiveron o Premio Xacarandaina.
15:15h.: Xantar en “Casa Mosqueiro”, S. Mamede de Rivadulla.
Roteiro

17:30h. Saída de “Casa Mosqueiro”
Coto de Pesca de Ximonde
Area de Agro Novo
Casa-Museo da Pesca no río Ulla
Dous edificios construídos a comezos do s.XX grazas ao financiamento das sociedades dos emigrantes en Arxentina.
Fervenza do río Pereiro

 

Información sacada de : http://www.galizacultura.gal/actualidade/alba-de-gloria-no-pico-sacro-17