Recollemos algúns elementos utilizados como material de propaganda para difundira os ideais da UPG. A actividade pública da UPG sempre foi limitada de xeito consciente -máxime desde a súa integración na fronte patriótica (BNG) no ano 1982-, mantendo como elementos propagandísticos externos os procesos congresuais (os carteis dos congresos recóllense no apartado correspondente desta web) e os actos de homenaxe a Moncho Reboiras. Aquí reproducimos tamén algúns elementos que foron empregados na axitación contra a ditadura franquista e que até a data eran pouco coñecidos.