Entradas por UPG

1º de maio. Non á explotación de clase. Por unha galiza soberana

No ano 1889, no 1º congreso da Segunda Internacional, celebrado en París, acordouse instituír o 1º de Maio como DÍA DO INTERNACIONALISMO PROLETARIO, converténdose así este día na data de referencia na que o movemento obreiro internacional, de forma solidaria, pasou a denunciar a explotación de clase reivindicando a mellora das súas condicións de traballo […]

A UPG presente no seminario internacional do PT de México

A UPG participa na cidade de México entre o 4 e o 6 de abril no XXIII Seminario Internacional “Os Partidos e a nova Sociedade”, evento organizado polo Partido do Traballo de Mexico desde hai máis de dúas décadas, e que se ten convertido nun dos eventos máis importantes a nivel mundial de análise sobre […]

8 de marzo: Día Internacional da Muller Traballadora

Desde hai máis de un século, o 8 de marzo é unha xornada de reivindicación e loita das mulleres para esixir igualdade de dereitos. Mais nos últimos anos a conmemoración desta data está a tentar ser utilizada por parte do capitalismo de forma banal, converténdoa nunha data de celebración e de felicitación estereotipada, para lle […]

10 de marzo Dia da Clase Obreira Galega. Avante o pobo traballador galego!

A crise capitalista e as políticas de saqueo, promovidas polo grande capital e executadas polos gobernos español e galego teñen provocado unha brutal precarización laboral, un desemprego insoportábel e o empobrecemento de salarios e de pensións públicas. O cambio de Goberno no estado, após 9 meses dun novo executivo do PSOE, non supuxo ningunha mudanza […]

A UPG participará na Asemblea Internacional dos Povos, que decorrerá en Caracas de 24 a 27 de febreiro

Entre os días 24 e 27 do presente mes realizarase  na capital venezolana a “Asemblea Nacional dos Povos: en Solidariedade coa Revolución Bolivariana e Contra o Imperialismo”, un encontro que contará coa participación de máis de 100 organizacións políticas, sindicais e sociais de todo o mundo co obxecto de reflexionar sobre os perigos derivados da […]

Manifestación nacional en defensa da sanidade pública

No domingo, 10 de febreiro, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, desenvolverase unha manifestación nacional en Compostela a partir das 12 da mañá e con saída na Alameda compostelá en defensa da sanidade pública galega. A Unión do Povo Galego apoia esta convocatoria e anima o conxunto do povo galego a participar activamente nela e a espallar […]