Entries by UPG

A mudanza que a Galiza precisa: romper a dependencia, asumir e exercer a soberanía

Ao fío do cambio de goberno en Madrid, que despertou expectativas nalgúns sectores sociais que achamos excesivas e infundadas, o Secretariado Político da UPG analizou o novo contexto político e tirou algunhas conclusións que queremos trasladar de maneira sintética para contribuír a un debate  que resulte esclarecedor en relación co traballo a abordar nos próximos […]

Non á mina de Touro. Manifestación nacional o domingo 10 de xuño

A UPG apoia a manifestación convocada para o vindeiro 10 de xuño en Compostela contra o proxecto de megaminería de Touro pola Plataforma veciñal Mina de Touro-O Pino, NON e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, para dar unha resposta contundente a un proxecto colonial letal para Galiza.

A UPG parabeniza Nicolas Maduro polo triunfo nas eleccións presidenciais

A UPG a través da Secretaría de Relacións Internacionais traladou os nosos parabéns ao Presidente Nicolas Maduro polo triunfo nas eleccións presidenciais venezolanas. De seguido vai o texto do saúdo enviado: Nicolás Maduro Presidente da República Bolivariana de Venezuela Estimado compañeiro: Diante dos resultados das eleccións do pasado domingo, que supuxeron unha nova vitoria do […]

Condenar o masacre. Defender a liberdade do povo palestino

O pasado 14 de maio o estado de Israel celebrou o 70 aniversario da súa creación con un novo masacre sobre o povo palestino, un masacre que ten provocado nos últimos días máis de 100 mortes e perto de 3000 feridos,  diante da pasividade da maioría dunha comunidade internacional que non fai nada para parar […]

A mocidade galega cara a folga xeral. Comunicado conxunto.

As mozas galegas de clase traballadora atopámonos na altura do 1 de maio do 2018 nunha situación de extrema precariedade e con nulas perspectivas de futuro. Os salarios miserentos, a elevadísima taxa de desemprego xuvenil e en moitos casos a obriga de abandonar o noso país para poder vivir dignamente son os instrumentos que empregan o […]

1º de maio. Avante a folga xeral galega.

Encaramos máis un 1º de maio, Día do Internacionalismo Proletario, nun contexto marcado pola continuada agresión contra a clase traballadora e o conxunto das clases populares da nosa nación. Un saqueo que, sob a coartada da crise capitalista, é perpetrado por parte dos gobernos da dereita españolista ao ditado da Unión Europea e dos intereses […]