Entries by UPG

Por unha lei galega de educación. Folga no ensino o 16 de novembro

Desde a Unión da Mocidade Galega animamos a todo o estudantado do país a secundar a folga convocada por Erguer. Estudantes da Galiza para este xoves 16 de novembro.A necesidade dunha Lei Galega de Educación, que é a principal reivindicación desta folga estudantil, é unha análise que compartimos o conxunto de organizacións do nacionalismo, como […]

A Revolución Soviética e a cuestión nacional

A Fundación Terra e Tempo conmemora o centenario da Revolución de Outubro de 1917 publicando un número monográfico do Terra e Tempo, que baixo o título A Revolución Soviética e a cuestión nacional analiza a estreita relación existente entre a revolución rusa, o marxismo e a cuestión nacional.

Solidariedade con Cataluña. Non hai cárcere capaz de deter a ansia de liberdade dos povos.

O encarceramento do Vicepresidente, Oriol Junqueras, e de máis de metade do Goberno catalán democraticamente elixido, por cumprir o programa electoral con que obtiveron o apoio popular e por traballar pacifica e democraticamente para dar cumprimento ao mandato popular e exercer o dereito de autodeterminación, evidencia o carácter profundamente antidemocrático e represivo do Estado español. […]

Saudamos a nova República Catalá. Na hora da liberdade.

A proclamación polo Parlament da República Catalá responde á vontade de democrática do povo de Cataluña de asumir ás rédeas do seu destino e pór cabo á opresión e á dominación do Estado español, iniciando o camiño da independencia e da liberdade. É unha decisión lexítima, precisamente porque parte da vontade popular e do exercicio […]

O Comité Nacional Galego de Homenaxe ao Che Guevara inicia as súas actividades

Neste mes de outubro cúmprense 50 anos do asasinato do Che en Bolivia, nunha operación dirixida polos servizos de intelixencia norteamericanos. Diante desa efeméride, e seguindo o chamamento do Comité Internacional de Conmemoración, diversas organizacións galegas dos ámbitos político, sindical e social adoptamos, no mes de xullo deste ano, a decisión de constituír un Comité […]

UPG condena represión contra o povo da Cataluña e defende dereito de autodederminación

  A actuación violentamente represiva do aparello do rexime español neste domingo, 1 de outubro, para tentar evitar que o povo catalán decida libremente o seu futuro desmascara definitivamente un sistema político español autoritario e antidemocrático, que non dubida en empregar a represión policial para negar os dereitos e liberdades cívicas, particularmente para impedir o […]