Entries by UPG

O pobo catalán a poucos días do histórico 1-O

Poble Lliure explica no Foro Internacionalista da UPG como encara o soberanismo a celebración do referendo de autodeterminación O Foro Internacionalista da Unión do Povo Galego realizou dúas palestras arredor do procés soberanista en curso na Catalunya. Sob o título “Catalunya camiño da independencia”, as charlas tiveron lugar na cidade de Vigo e en Santiago […]

Secretariado Político da UPG valoriza recoñecemento da figura de Bautista Álvarez e agradece mensaxes de condolencia

Na reunión realizada na pasada quinta feira, 21 de setembro, o Secretariado Político da UPG acordou trasladar publicamente o agradecemento a todas as persoas, colectivos e forzas políticas que nos fixeron chegar mensaxes de condolencia polo pasamento do noso camarada e ex-presidente, Bautista Álvarez. O Secretariado Político constata o enorme recoñecemento social e político a […]

Até a vitoria sempre, camarada Bautista Álvarez

Centos de camaradas, compañeiros e compañeiras, amigos e amigas despedimos o domingo ao noso camarada Bautista Álvarez na terra que o veu nacer,  San Cibrao de Las en San Amaro. Nun sincero e emotivo acto de tributo recoñeceuse a figura e o traballo dun home irrepetíbel e fundamental na construción da Galiza actual. Fundador da […]

Galiza con Catalunya, a súa é tamén a nosa loita

O proceso soberanista en pleno desenvolvemento na Catalunya, para alén de representar un espazo de oportunidade maiúsculo para a conquista polo povo catalán da súa plena soberanía nacional, está a verificar as teses e análises que o nacionalismo galego no seu conxunto, e a Unión do Povo Galego en particular, temos realizado a respeito do […]

O nacionalismo pon na picota a herdanza do franquismo

A permanencia nas mans da familia Franco das propiedades espoliadas durante os anos da guerra e da ditadura é todo un símbolo de como o actual réxime político español, saído da chamada ‘transición’, non rompe co esencial -nin sequera no plano emblemático- da herdanza da ditadura franquista. O Estado español mantén o seu carácter autoritario, […]

Congreso das FARC-EP: Declaración das organizacións internacionais presentes

Por iniciativa da UPG todas as organizacións internacionais presentes en Bogotá no Congreso Nacional das “FARC-EP Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia – Exército do Pobo” asinaron unha declaración de apoio ao proceso de paz en Colombia. Publicamos a continuación o texto íntegro: As organizacións internacionais políticas e sociais, presentes no Congreso Nacional das “FARC-EP Forzas […]