Entries by UPG

Mobilizacións 11 de decembro. Eólica así non. Na defensa das montañas

O vindeiro 11 de decembro, Día das Montañas, a coordinadora “Eólica Así Non” promoverá unha mobilización descentralizada por áreas xeográficas especialmente afectadas pola actual vaga eólica, desta volta, co obxectivo de dar especial visibilidade ás plataformas e colectivos da veciñanza que viven nos territorios máis directamente afectados por esta enxurrada incesante de proxectos eólicos.

Solidariedade co povo sudanés

Diante do recente golpe de estado no Sudán, e por iniciativa do Partido Comunista Surafricano, máis de corenta partidos comunistas de todo o mundo, entre eles a UPG, fixeron pública esta declaración conxunta.

Vía Galega presenta o manifesto “Galiza, un Pobo, unha selección”

A Plataforma Vía Galega presentou o manifesto “Galiza, un Pobo, unha selección” para reclamar o dereito a conformar seleccións galegas en todos os deportes e a competir a nivel oficial e internacional. Este manifesto que se pode consultar e adherir na web www.viagalega.gal  enmárcase nunha ampla campaña a prol das nosas seleccións que será presentada […]

Non á estafa da luz. Concentracións o 19 de setembro convocadas pola CIG

A CIG ten convocadas para o vindeiro domingo, día 19 de setembro, un total de 20 concentracións en cidades e vilas de toda Galiza baixo o lema “NON Á ESTAFA DA LUZ, Recuperación das Centrais Hidroeléctricas, Tarifa Eléctrica Galega”. A central sindical fai un chamamento, ao que nos sumamos como UPG, a participar nestas mobilizacións […]

A nosa solidariedade co pobo cubano

Diante dos acontecementos dos últimos días na República de Cuba a UPG quere facer pública a súa solidariedade co pobo cubano, que enfronta unha situación complexa derivada do agravamento da pandemia e dos problemas económicos, provocados fundamentalmente polos efectos do bloqueo. Esa delicada situación leva a unha lóxica preocupación na súa poboación, preocupación que como […]