Tributo a Moncho Reboiras 2022

A Unión do Povo Galego vai desenvolver como todos os anos, desde fai xa 47, os actos de tributo ao camarada Xosé Ramón Reboiras Noia asasinado pola policía española no ano 1975. Os actos de tributo desenvolveranse a vindeira sexta feira 12 de agosto baixo o programa que se anexa.

ACTOS CONMEMORATIVOS

DODRO
Cemiterio de Imo.Ás 12:00h. Ofrenda floral.FENE.

SCDR O Pote, Maniños.

Ás 14:30h. Xantar popular.

Ás 16:30h. Conferencia de Duarte Correa: “Novos desafíos no marco internacional”

 

FERROL.

Ás 19:00h. Concentración da Praza de Armas. Saída cara á rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras. Ofrenda floral e canto da Internacional.

Ás 19:30h. Intervencións Políticas na Praza de Armas.

Manuel Polo (Secretario de Zona e concelleiro do BNG en Fene)

Iria Carreira (Secretaria Xeral da UMG e deputada no Parlamento Galego)

Néstor Rego (Secretario Xeral da UPG e deputado no Congreso)

Ao remate, canto do himno galego.

 

O lugar do xantar ás 14:30 será nas instalacións da SCDR O Pote de Maniños. O enderezo é: O Pombal, Estrada da Palma 217 Maniños, Fene. Anexamos ligazón coa localización: https://www.google.com/maps/place/ACRD+O+POTE+de+Mani%C3%B1os/@43.4522514,-8.1991662,15z/data=!4m5!3m4!1s0x0:0xa3ca60d015e99358!8m2!3d43.4522514!4d-8.1991662

O prezo do xantar é de 20 € (empanada, arroz con polo, postres, café, viño ou auga) existindo tamén a posibilidade de asistir levando o teu propio xantar. Tanto nun caso coma noutro será preciso anotarse no correo electrónico upg@upg.gal, indicando o nome das persoas e a opción pola que optas. A data límite para se anotar será cuarta feira 10 de agosto.

Recollendo o exemplo do camarada Moncho Reboiras no traballo de autoorganización do povo galego, proclamamos a nosa fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza, á que o noso camarada entregou a súa vida, e convidámoste a participar nesta homenaxe.

1º de maio. Fortalecer a mobilización en defensa dos dereitos da clase traballadora galega

Vivimos nun contexto social e político especialmente complexo, que implica enormes apertos económicos para os sectores populares e, especialmente, para a clase traballadora galega. Ás consecuencias da pandemia e das políticas económicas desenvolvidas nese período vén a sumarse a guerra de Ucraína que, para alén das repercusións propias dun conflito bélico e as súas derivadas no ámbito político, ten como efecto agravar os problemas económicos que xa viñamos sufrindo, até provocar unha situación de escalada descontrolada dos prezos que ocasiona crecentes dificultades e empobrecemento das clases populares do noso país.

Todo isto, no medio dunha acción ineficaz dun Goberno español que non está disposto a adoptar medidas que poñan en cuestión os intereses dos grandes poderes económicos, e que non dubida en permitir o asalto ás rendas do traballo para salvagardar as rendas do capital.

Estamos a falar dunha situación que levará, sen dúbida, a agudizar a ofensiva antisocial, o que necesariamente nos obriga a reaxir de maneira rápida e contundente. É necesario acentuar -na rúa e nas institucións- a oposición ás políticas antisociais que está a desenvolver o Goberno español: reforma das pensións que consolida os aspectos máis lesivos das anteriores, non derrogación da reforma laboral, mantemento da Lei da Mordaza, reacción insuficiente –cando non complicidade coas grandes enerxéticas, como aconteceu coas eléctricas- frente á escalada brutal de prezos que empobrece as clases populares, anuncio do aumento do gasto militar de 0,9 a 2% do PIB, políticas belicistas ao mandado da OTAN…

E cómpre reaxir tamén frente á inacción dunha Xunta da Galiza ausente que, nunha situación excepcional de crise, renuncia a exercer de verdadeiro goberno galego adoptando medidas necesarias e posíbeis no ámbito das súas competencias e só parece preocupado en resolver a substitución de Feixóo, mais sen tocar o nefasto legado que deixa en recortes sociais, privatización e precarización de servizos públicos, crise industrial e demográfica, emigración, etc.

Debemos, aliás, activar a mobilización desde a conciencia de que, se non houber unha oposición a estas políticas desde o soberanismo e a esquerda, a decepción e descontento que xeran podería ser capitalizado pola demagoxia e o populismo da ultradereita españolista, que non dubida en se presentar como anti-sistema cando na realidade son o último baluarte de salvagarda do sistema.

Por todo isto, a Unión do Povo Galego (UPG) anima toda a militancia nacionalista e as clases populares do noso País a participar nos actos que o sindicalismo combativo, nacionalista e de clase (CIG) ten convocados para este 1º de maio como mellor maneira de lle facer frente á actual situación que padecemos e fortalecer unha alternativa nacional e popular na Galiza.

Mobilización nacional contra a suba dos prezos

A escalada de prezos que estamos a sufrir, con especial incidencia na Galiza, está empobrecendo ás familias, á clase traballadora, levando ó límite a moitas empresas e mesmo a sectores produtivos esenciais en Galiza, por iso, o BNG está a desenvolver unha campaña de sensibilización e mobilizacións baixo o lema “Os prezos soben, os teus cartos baixan” e que culminará cunha manifestación prevista para este domingo en Compostela con saída ás 12 h na Praza 8 de Marzo. Ler máis