Homenaxe ao camarada Moncho Reboiras no 40 aniversario do seu asasinato

A Unión do Povo Galego (UPG) convoca ao conxunto da militancia e simpatizantes ao acto público de homenaxe a Xosé Ramón Reboiras Noia que terá lugar o vindeiro mércores 12 de agosto na cidade de Ferrol. Nestes momentos de confusión interesada,  recollemos o exemplo do camarada Moncho no traballo de autoorganización do povo galego e proclamamos a nosa fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza,  á que o noso camarada entregou a súa vida, e te convidamos a participar con nós nesta homenaxe.

O programa é o seguinte:

–         19.00 horas. Concentración na Praza de Armas (diante da Casa do Concello). Saída cara ao portal da rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras e ofrenda floral. Canto da Internacional e baixada até o Cantón.

–         19.30 horas. Intervencións políticas no Cantón:

  • Adrián R. Bravo. Secretario Xeral da UMG.
  • Eva Espiñeira. Concelleira do BNG en Ferrol.
  • Néstor Rego. Secretario Xeral da UPG e membro da Executiva Nacional do BNG.

Ao remate, canto do himno galego.