Homenaxe nacional a Ernesto Che Guevara

Esta sexta feira 9 de marzo o Comité Nacional Galego  Ernesto Che Guevara pon o ramo ás actividades que durante estes meses desenvolveu en homenaxe ao Che no 50 aniversario do seu asasinato.

Faino convocando un homenaxe nacional en formato festival a realizar esta sexta feira 9 de marzo ás 20 horas no Teatro Principal de Compostela. A entrada é libre até completar aforo. Estará presentado por Iria Sobrado e nel haberá intervencións políticas a cargo de Valentín Alvite, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana, Carlos Tablada, economista e especialista na obra de Guevara e José Antonio Solana, cónsul de Cuba. Tamén teremos poesía a cargo do poeta galego Manolo Pipas e de Farruco Sexto, ex ministro en Venezuela e poeta galego-venezolano.  E claro está, música, a cargo do cantor galego Roberto Sobrado, Mini e Navia Rivas e o cantautor cubano Orlis Pineda.

Animamos a todas as persoas que seguen tendo a Ernesto Che Guevara como símbolo revolucionario e figura referencial das loitas anti-imperialista e a favor das loitas de liberación nacionais, acudan a participar con nós nesta homenaxe. Agardámosvos.