IV Xornadas de Formación Moncho Reboiras da UMG

Un ano máis, desde a Unión da Mocidade Galega celebramos as Xornadas de Formación Moncho Reboiras na Comarca de Ferrolterra. Este ano, as IV Xornadas terán lugar o vindeiro 11 e 12 de agosto, coincidindo co 42 aniversario do asasinato do noso camarada Xosé Ramón Reboiras Noia, polo que dende o Comité Nacional da UMG quixemos traer a colación a súa personalidade e o seu traballo. Reboiras tiña só 25 anos cando foi asasinado pola policía franquista na Rúa Terra. Malia a súa corta idade, a de Moncho é unha traxectoria marcada por un inxente contributo de militancia e de compromiso coa Patria.

Neste cabodano do asasinato do noso camarada Moncho Reboiras. A súa loita segue a ser exemplo de rebeldía e compromiso coa patria para a mocidade galega. A Xornada de Formación da UMG deste ano tentará achegar, na figura de Moncho, a loita pola liberación nacional e o antifascismo galego no marco do comunismo patriótico representado pola UPG a fins dos anos 70 do século pasado, así como traer até os nosos días as leccións e os plantexamentos aprendidos ao longo deste tempo. Ademais,coincidindo co 40 aniversario da UMG, repasaremos a contribución da nosa organización ao movemento xuvenil  e ao movemento estudantil galego ao longo da nosa historia.

 

O programa de actividades constará do seguinte:

Venres 11

11:30h – Presentación IV Xornadas Moncho Reboiras. A cargo do camarada Adrián R. Bravo, Secretario Xeral da UMG

12:00h – Fundación da UMG e a contribución da mocidade comunista patriótica a ERGA. A cargo do camarada Francisco Jorquera, Presidente da Fundación Galiza Sempre e membro do Comité Central da UPG

13:00h –A triple opresión das mulleres e o papel na UMG e da UPG na súa emancipación. A cargo da camarada Marga Corral, Sindicalista e Responsábel da Comisión da Muller do Comité Central da UPG

14:00 h – Xantar de confraternidade.

16:45h – Roteiro histórico-natural por Ferrol con Francisco Rodríguez, ex-Secretario Xeral da UPG e membro do Secretariado da UPG.

22:00h – Cea

23:30h – Festa patriótica

Sábado 12

11:30h- O imperialismo na súa fase actual e alternativas que existen dende o comunismo patriótico. A cargo da camarada Rosana Pérez, membro do Comité Central da UPG e ex-deputada polo BNG nas Cortes Españolas.

12.30h- Contribución da UMG ao movemento xuvenil nacionalista. A cargo do camarada Xabier P. Igrexas, membro do Secretariado da UPG e Responsábel de Zona da UPG en Vigo

14:30h- Xantar de confraternidade en Fene. Organizado pola UPG

16:30h- Sobremesa de debate “Construíndo a soberanía hoxe”

19:00h-  42º Aniversario do asasinato do noso camarada Moncho Reboiras. Ofrenda floral na Rúa Terra

19:30h- Acto político no Cantón da UPG