Solidariedade co pobo venezolano

Santiago de Compostela; 15 de abril de 2015. Ante a nova ofensiva do imperialismo contra a República Bolivariana de Venezuela a Unión do Povo Galego quere facer público unha vez máis o seu apoio ao povo venezolano, ao lexítimo presidente Nicolás Maduro e ás forzas patrióticas e revolucionarias que loitan por afondar no proceso revolucionario bolivariano na soberanía e na construción dunha sociedade máis xusta. Ler máis

A UPG presente en México no XIX Seminario Internacional “Os partidos e a nova sociedade”

Os días 12, 13 e 14 deste mes de marzo, celébrase na cidade de México o Seminario Internacional “Os partidos e a nova sociedade” que  desde hai 19 anos analisa a situación internacional e a función das organizacións políticas na construción de sistemas sociais alternativos ao capitalismo. Neste importante foro de debate e reflexión participan representantes de gobernos, organizacións políticas e sociais, analistas internacionais, intelectuais e estudosos de moi diversas materias. Ler máis

Solidariedade con ASKAPENA e cos cinco internacionalistas vascos

A Unión do Povo Galego quere facer público o seu apoio aos cinco internacionalistas vascos aos que a fiscalía pide seis anos de cadea por traballar pola solidariedade entre os povos. Tamén queremos amosar o noso rexeitamento á petición de ilegalización de Askapena a organización internacionalista vasca que leva 27 anos traballando por estreitar os lazos entre o povo vasco e outros povos do mundo Ler máis

Continúa a represión contra o nacionalismo

Nos últimos días tres camaradas pasaron polo xulgado por participar en actos de protesta.

Compostela, 23 de xaneiro de 2015. A militancia da UPG está a participar activamente na resposta que o povo galego desenvolve fronte ás políticas destrutoras que a Unión Europea, o Estado Español e o propio Goberno Galego están a executar na nosa nación. Froito desa participación activa da nosa militancia é ter que sufrir directamente a represión das estruturas do Estado. Ler máis

O Goberno Español é cómplice da ditadura marroquí

O goberno español denega o asilo ao activista sahariano Hassanna Aalia condenado a cadea perpetua por un tribunal militar marroquí


A Unión do Povo Galego denuncia a decisión do goberno español de denegar a concesión de asilo político Hassanna Aalia, activista sahariano que foi condenado por un tribunal militar marroquí a cadea perpetua por participar no campamento de protesta pacífica de Gdeim Izik en 2010. Ler máis

O Povo Curdo precisa de toda a nosa solidariedade

Neste momento o povo curdo mantén unha dura loita de resistencia armada fronte ao invasor Estado islámico que asedia a cidade de Kobane, e diante desta situación a Unión do Povo Galego quere renovar de xeito público o seu apoio solidario a un povo que loita pola súa liberdade, unha liberdade impedida polos catro estados que ocupan o seu territorio. Ler máis