O Comité Central convoca o XV Congreso Nacional da UPG para 17 de novembro de 2019
Realizada a valoración dos procesos electorais acontecidos nas últimas semanas. Ler máis →
Realizada a valoración dos procesos electorais acontecidos nas últimas semanas. Ler máis →
No ano 1889, no 1º congreso da Segunda Internacional, celebrado en París, acordouse instituír o 1º de Maio como DÍA DO INTERNACIONALISMO PROLETARIO, converténdose así este día na data de referencia na que o movemento obreiro internacional, de forma solidaria, pasou a denunciar a explotación de clase reivindicando a mellora das súas condicións de traballo e de vida e un sistema económico e social máis xusto e igualitario. Ler máis →
A UPG participa na cidade de México entre o 4 e o 6 de abril no XXIII Seminario Internacional “Os Partidos e a nova Sociedade”, evento organizado polo Partido do Traballo de Mexico desde hai máis de dúas décadas, e que se ten convertido nun dos eventos máis importantes a nivel mundial de análise sobre e evolución política internacional. Ler máis →
A UPG asina, xunto a máis de 50 partidos comunistas e obreiros de todo o mundo, un comunicado de denuncia da intervención imperialista en Venezuela.
Ler máis →
Desde hai máis de un século, o 8 de marzo é unha xornada de reivindicación e loita das mulleres para esixir igualdade de dereitos. Mais nos últimos anos a conmemoración desta data está a tentar ser utilizada por parte do capitalismo de forma banal, converténdoa nunha data de celebración e de felicitación estereotipada, para lle tentar tirar o carácter – que sempre tivo e continuará a ter- de combate e denuncia da situación de opresión e explotación das traballadoras, e da discriminación e violencia exercida contra as mulleres polo mero feito de o seren. Ler máis →
A crise capitalista e as políticas de saqueo, promovidas polo grande capital e executadas polos gobernos español e galego teñen provocado unha brutal precarización laboral, un desemprego insoportábel e o empobrecemento de salarios e de pensións públicas. O cambio de Goberno no estado, após 9 meses dun novo executivo do PSOE, non supuxo ningunha mudanza real, para alén do cosmético, no que atinxe as políticas económicas, laborais e sociais. Non houbo derrogación de ningunha das contrarreformas laborais, da negociación colectiva ou das pensións. Tampouco houbo vontade política para botar abaixo leis antisociais e antidemocráticas como a LOMCE ou a Lei Mordaza. Ademais insistiuse na deliberada desatención das necesidades de Galiza como visou o proxecto de orzamentos pactado por PSOE-Podemos-En Marea no que se retiraban 2 de cada 10 euros de investimento estatal no noso País. É claro, pois, que diante da subordinación doutras forzas só o nacionalismo galego pode exercer de voz firme en defensa das clases populares e traballadoras galegas e dos intereses xerais de Galiza tamén no ámbito estatal. Ler máis →
A vaga de ataques políticos ao galego para impedir calquera recoñecemento que supoña un avance legal, por mínimo que for, regresa de novo. Ler máis →
Entre os días 24 e 27 do presente mes realizarase na capital venezolana a “Asemblea Nacional dos Povos: en Solidariedade coa Revolución Bolivariana e Contra o Imperialismo”, un encontro que contará coa participación de máis de 100 organizacións políticas, sindicais e sociais de todo o mundo co obxecto de reflexionar sobre os perigos derivados da intensificación das agresións imperialistas nos últimos anos. Ler máis →
No domingo, 10 de febreiro, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, desenvolverase unha manifestación nacional en Compostela a partir das 12 da mañá e con saída na Alameda compostelá en defensa da sanidade pública galega. A Unión do Povo Galego apoia esta convocatoria e anima o conxunto do povo galego a participar activamente nela e a espallar a convocatoria. Ler máis →
A UPG asina xunto con outras organizacións políticas europeas unha Declaración de Solidariedade coa Revolución Bolivariana e co povo venezolano. Declaración que xorde por iniciativa do Partido Comunista Português Ler máis →