Boletín Internacional nº 3

A altura de Marzo de 2011, a Secretaría de Relacións Internacionais da UPG editou o número 3 do seu “Boletín Internacional” e fixoo chegar a varias ducias de organizacións e partidos cos que a Unión do Povo Galego mantén intercambios regulares de información. Este boletín, do que tamén se fixeron edicións en inglés e español, céntrase en analizar as alternativas lanzadas polo sindicalismo nacionalista ante a situación socio-económica de Galiza.

Autocolante de 1967

A caída do ano 1967

A historia dunha forza política como a Unión do Povo Galego, que nace e medra na clandestinidade, neste caso na oposición ao fascismo, é necesariamente unha historia de represión e sufrimento. Unha páxina destacada nesta crónica de loita e terror vai ser o reparto masivo de propaganda esixindo a liberdade para Galiza e a detención de varias ducias de galegos no Nadal de 1967. Sirvan estas letras para clarificar algúns dos feitos da vida do Partido, fuxindo da categoría de anécdota, agardando que contribúan a ir construíndo a historia do mesmo, tarefa até hoxe postergada, unhas veces polo recato, outras polo desleixo e as máis polo sectarismo de quen gozan co monopolio da sapiencia sobre o tema.

Ler máis

Na defensa da Terra! (As Encrobas, Xove, Baldaio)

O 22 de abril celébrase o Día Internacional da  Terra. Non é ese o motivo polo que hoxe publicamos na web o audivisual “Na defensa da terra”.  Trátase dun video realizado en formato VHS pola Unión do Povo Galego en  novembro de 1994, a partir de imaxes do arquivo da UPG e  que foron filmadas en super 8 por Carlos Varela (1945-1980).

Ler máis

[ Asasiños ] de Xaime Quesada e XosŽé Luís de Dios (1972?)

Non no meu nome! Paremos a agresión imperialista sobre Libia!

[ Asesiños ] cadro atribuído a Xaime Quessada e XosŽé Luís de Dios (1972?)A Secretaría de Relacións Internacionais da Unión do Povo Galego (UPG) amosa a súa solidariedade cos levantamentos populares que se están a desenvolver en diversos países do norte de África e do Oriente Medio e que supoñen a concretización do desexo deses povos de acadar a democracia e unhas condicións de vida dignas. Mais, do mesmo xesto, non podemos ficar impasíbeis fronte á nova agresión imperialista cometida con Libia.

Ler máis

A importância da luta pela paz, contra a exploração e a opressão imperialistas

Por iniciativa do Partido Comunista Português, vários Partidos Comunistas e Operários de todo o Mundo emitirom em Fevereiro uma posição comum intitulada «20 anos após a Guerra do Golfo, a importância da luta pela paz e contra a exploração e opressão imperialistas» Até à data foi subscrita por 48 partidos / organizações, entre as que está a Unión do Povo Galego.

 

Ler máis

23-F, fracasou o golpe de Estado de 1981?

O visionado da maioría dos medios de comunicación este 23 febreiro resultou decepcionante. A análise do Golpe de Estado, protagonizado por Tejero pero cuxas ramificacións reais eran máis profundas, consistiu nun acto de fé inquebrantábel na monarquía española, tan necesitada de lexitimación cando se achega un delicado proceso sucesorio. Cada día hai máis datos, mesmo aportados por persoas alleas ao nacionalismo, que deitan moita luz sobre as verdadeiras intencións do 23-F.

A realidade é que o golpe logra 3 grandes obxectivos. Ralentiza o proceso autonómico tendo como máxima expresión a LOAPA (Lei Orgánica de Armonización do Proceso Autonómico); logra a posta en marcha do proceso de integración do Estado español na OTAN e, por último, fecha definitivamente o proceso da chamada “transición española” cun modelo que tende a reforzar o bipartidismo e a alternancia. Como correlato ao anterior agudízase o proceso de represión contra os nacionalismos.

Recollemos agora a análise feita pola UPG e publicada no Terra e Tempo nº 80, de Maio dese ano. Coidamos de interese reproducir dito texto, pois -tras 30 anos- a diagnose feita goza de desgrazada actualidade.

Ler máis

Orgullosos do noso pasado, preparándonos para a Galiza do futuro

A Unión do Povo Galego ten determinado que a súa actividade pública sexa limitada, trasladando todo o protagonismo público á fronte patriótica da que participa, o Bloque Nacionalista Galego. Só as citas anuais que cada 12 de agosto nos levan a homenaxear ao noso camarada Moncho Reboiras, asasinado en 1975 en Ferrol, e os Congresos que convocamos periodicamente para actualizar as Teses e os órganos de dirección fan que UPG convoque aos medios de comunicación. Non podía actuar doutro xeito unha organización que desexa que todas as enerxías da familia nacionalista as dediquemos en espallar as ideas e a mensaxe do BNG.

Mais esa actitude é compatíbel con mostrar á sociedade galega o rico patrimonio teórico que a UPG foi acumulando ao longo do seu case medio século de existencia como Partido, onde a súa militancia participou en múltiples traballos para erguer –en colaboración con miles de patriotas- o actual movemento nacionalista galego. Esta pretensión é a que dá pé a ofrecer a partir de hoxe moita documentación –de interese xeral para a sociedade galega- do actuar da UPG desde a súa fundación formal en xullo de 1964.

Ler máis