1º de maio. Non á explotación de clase. Por unha galiza soberana

No ano 1889, no 1º congreso da Segunda Internacional, celebrado en París, acordouse instituír o 1º de Maio como DÍA DO INTERNACIONALISMO PROLETARIO, converténdose así este día na data de referencia na que o movemento obreiro internacional, de forma solidaria, pasou a denunciar a explotación de clase reivindicando a mellora das súas condicións de traballo e de vida e un sistema económico e social máis xusto e igualitario. Ler máis

A UPG presente no seminario internacional do PT de México

A UPG participa na cidade de México entre o 4 e o 6 de abril no XXIII Seminario Internacional “Os Partidos e a nova Sociedade”, evento organizado polo Partido do Traballo de Mexico desde hai máis de dúas décadas, e que se ten convertido nun dos eventos máis importantes a nivel mundial de análise sobre e evolución política internacional. Ler máis

8 de marzo: Día Internacional da Muller Traballadora

Desde hai máis de un século, o 8 de marzo é unha xornada de reivindicación e loita das mulleres para esixir igualdade de dereitos. Mais nos últimos anos a conmemoración desta data está a tentar ser utilizada por parte do capitalismo de forma banal, converténdoa nunha data de celebración e de felicitación estereotipada, para lle tentar tirar o carácter – que sempre tivo e continuará a ter- de combate e denuncia da situación de opresión e explotación das traballadoras, e da discriminación e violencia exercida contra as mulleres polo mero feito de o seren. Ler máis

10 de marzo Dia da Clase Obreira Galega. Avante o pobo traballador galego!

A crise capitalista e as políticas de saqueo, promovidas polo grande capital e executadas polos gobernos español e galego teñen provocado unha brutal precarización laboral, un desemprego insoportábel e o empobrecemento de salarios e de pensións públicas. O cambio de Goberno no estado, após 9 meses dun novo executivo do PSOE, non supuxo ningunha mudanza real, para alén do cosmético, no que atinxe as políticas económicas, laborais e sociais. Non houbo derrogación de ningunha das contrarreformas laborais, da negociación colectiva ou das pensións. Tampouco houbo vontade política para botar abaixo leis antisociais e antidemocráticas como a LOMCE ou a Lei Mordaza. Ademais insistiuse na deliberada desatención das necesidades de Galiza como visou o proxecto de orzamentos pactado por PSOE-Podemos-En Marea no que se retiraban 2 de cada 10 euros de investimento estatal no noso País. É claro, pois, que diante da subordinación doutras forzas só o nacionalismo galego pode exercer de voz firme en defensa das clases populares e traballadoras galegas e dos intereses xerais de Galiza tamén no ámbito estatal. Ler máis

A UPG participará na Asemblea Internacional dos Povos, que decorrerá en Caracas de 24 a 27 de febreiro

Entre os días 24 e 27 do presente mes realizarase  na capital venezolana a “Asemblea Nacional dos Povos: en Solidariedade coa Revolución Bolivariana e Contra o Imperialismo”, un encontro que contará coa participación de máis de 100 organizacións políticas, sindicais e sociais de todo o mundo co obxecto de reflexionar sobre os perigos derivados da intensificación das agresións imperialistas nos últimos anos. Ler máis

Manifestación nacional en defensa da sanidade pública

No domingo, 10 de febreiro, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, desenvolverase unha manifestación nacional en Compostela a partir das 12 da mañá e con saída na Alameda compostelá en defensa da sanidade pública galega. A Unión do Povo Galego apoia esta convocatoria e anima o conxunto do povo galego a participar activamente nela e a espallar a convocatoria. Ler máis