A UPG presente na festa do Partido Comunista Alemán(DKP)

Entre os días 7 e 9 de setembro, e respondendo a un convite realizado polo Partido Comunista Alemán-DKP, o noso partido participou na 20 edición da Festa que organiza o seu semanario, o Unsere Zeit-UZ. A festa que se celebrou na cidade de Dortmund e pola que nos tres días pasaron miles de persoas, contou cun amplo programa de actividades de distinto tipo: concertos, debates, presentacións de libros, encontros de solidariedade.

Ler máis

Acto de lembranza no aniversario do pasamento de Bautista Álvarez

O vindeiro sábado, 15 de setembro, a Unión do Povo Galego realizará un acto de lembranza a Bautista Álvarez co gallo do primeiro aniversario do seu pasamento, para seguir expresando  o recoñecemento a un home excepcional, a unha persoa que entregou a súa vida á causa da liberación nacional e social do povo galego e que o fixo con lucidez, con determinación e con coherencia até o final. Ler máis

Boletín Internacional Nº9

A Secretaría de Relacións Internacional publicou o seu boletín internacional número 9 neste mes de setembro, nel inclúense entre outros temas a valoración do noso partido sobre o novo contexto político no estado español e información sobre o 50 aniversario do Día da Patria, o XVII Congreso da UMG e a solidariedade cos 19 de Meirás.

O Boletín Internacional da UPG é editado en galego-portugués, inglés e español e distribuído entre os partidos e organizacións internacionais coas que a o noso partido mantén relacións e intercambios regulares de información.

Tributo a Moncho Reboiras no 43 aniversario do seu asasinato

A Unión do Povo Galego (UPG) vai desenvolver como todos os anos, desde fai xa 43 anos, os actos públicos de tributo a Xosé Ramón Reboiras Noia o vindeiro 12 de agosto, domingo, baixo o programa que de seguido damos conta:

ACTOS CONMEMORATIVOS:

DODRO.

Cemiterio de Imo.

Ás 12:00h. Ofrenda floral.

FENE.

SCDR O Pote, Maniños. (1)

Ás 14:30h. Xantar popular. (2)

Ás 16:30h. Conferencia de Francisco Rodríguez: “Vixencia da análise nacionalista na Galiza”

FERROL.

Ás 19:00h. Concentración da Praza de Armas. Saída cara á rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras. Intervención de Paulo Ríos, Secretario Xeral da UMG. Ofrenda floral e canto da Internacional.

Ás 19:30h. Intervencións Políticas no Cantón.

Iván Ribas (Portavoz municipal do BNG en Ferrol)

Susana Méndez (Sindicalista e membro do Comité Centr)

Néstor Rego (Secretario Xeral da UPG)

Ao remate, canto do himno galego.

Nestes momentos en que é máis necesario que nunca defender un proxecto político nacionalista,  recollemos o exemplo do camarada Moncho Reboiras no traballo de autoorganización do povo galego e proclamamos a nosa fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza,  á que o noso camarada entregou a súa vida, e convidamos o conxunto do povo galego a participar con nós nesta homenaxe.

 

(1)  O lugar do xantar ás 14:30 será nas instalacións da SCDR O Pote de Maniños. O enderezo é: O Pombal, Estrada da Palma 217 Maniños, Fene. Anexamos mapas.

(2)  O prezo do xantar é de 15 € e será preciso anotarse no correo electrónico upg@upg.gal, indicando o nome das persoas. A data límite para se anotar será a quinta feira 9 de agosto.

Ler máis

Guieiro nº37

Presentamos o número 37 do Guieiro, voceiro da UMG
Neste número encontraremos os seguintes artigos: Propostas para liberar unha Galiza colonizada, un análise da situación política internacional, emtrevista a paulo Ríos Santomé, recentemente eleito Secretario Xeral da UMG, análise sobre a situación política no estado español, artigo de Navia Rivas de Castro e outro de Roberto Vilameá, Presidente da Fundación Terra e Tempo, sobre a figura de Bautista Álvarez.

No 50 aniversario da celebración a UPG chama a participar masivamente nos actos do BNG do Día da Patria Galega

Estamos nas vésperas do Día da Patria Galega, a grande cita anual en que celebramos a festa nacional da Galiza, enfatizamos o compromiso nacionalista coa defensa dos dereitos do pobo galego e salientamos a reivindicación da soberanía. Mais o 25 de xullo é tamén a ocasión máis favorábel para que o nacionalismo, como proxecto político que encarna a vontade do noso País de actuar como nación, se dirixa ao conxunto da sociedade galega para explicar as razóns polas que é precisa unha mudanza de marco político, que saque a Galiza da dependencia e a coloque con capacidade e decidir por si propia e de construír un futuro de prosperidade e de liberdade. Ler máis

Resolucións do XVII Congreso da UMG

O sábado 7 de xullo tivo lugar, no Centro Social Leste de Pontevedra, o XVII Congreso da Unión da Mocidade Galega, organización xuvenil da UPG,  baixo o título “Organizando a revolución, liberando a Patria Galega”, unha xornada marcada polo profundo debate no seo da organización e do que saímos reforzadas e cohesionadas garantindo unha UMG forte e con futuro. Ler máis