A mudanza que a Galiza precisa: romper a dependencia, asumir e exercer a soberanía

Ao fío do cambio de goberno en Madrid, que despertou expectativas nalgúns sectores sociais que achamos excesivas e infundadas, o Secretariado Político da UPG analizou o novo contexto político e tirou algunhas conclusións que queremos trasladar de maneira sintética para contribuír a un debate  que resulte esclarecedor en relación co traballo a abordar nos próximos tempos. Ler máis

Militantes do BNG denunciados pola Fundación Franco e familiares do ditador pola acción simbólica no Pazo de Meirás

A Fundación Francisco Franco e familiares do ditador presentan unha denuncia a 19 militantes do BNG  pola acción simbólica desenvolvida a 30 de agosto de 2017 no Pazo de Meirás na imputan delitos que poderían sumar até 13 anos de prisión para cada unha,  247 para todas elas. Entre as persoas denunciadas están camaradas da UPG, entre eles o Secretario Xeral, Néstor Rego; os membros da Executiva Nacional do BNG, Bieito Lobeira e Rubén Cela; o Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Fernández, e o ex Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo. Os nacionalistas despregaran dúas faixas -unha xigante a cubrir unha das torres do pazo, co slogan “O pazo é do pobo galego”-  e outra co lema “Que nos devolvan o roubado. Franquismo Nunca Máis”   un día en que o edificio estaba aberto ao público. Ler máis

A UPG parabeniza Nicolas Maduro polo triunfo nas eleccións presidenciais

A UPG a través da Secretaría de Relacións Internacionais traladou os nosos parabéns ao Presidente Nicolas Maduro polo triunfo nas eleccións presidenciais venezolanas. De seguido vai o texto do saúdo enviado:


Nicolás Maduro
Presidente da República
Bolivariana de Venezuela
Estimado compañeiro: Diante dos resultados das eleccións do pasado domingo, que supuxeron unha nova vitoria do proceso político bolivariano coa súa reelección como Presidente da República Bolivariana de Venezuela, querémoslle facer chegar os nosos máis sinceiros parabéns por este triunfo. Un triunfo que volve demostrar que o pobo venezolano non cae no engano das campañas de manipulación da dereita e do imperialismo.
Somos conscientes do complicado marco socioeconómico e político no que se celebraba esta convocatoria, debido fundamentalmente á campaña de inxerencias dos EEUU e a UE na vida venezolana, apoiando a unha dereita que se nega a asumir a decisión soberana do povo expresada nas urnas; por iso consideramos que a vitoria é aínda máis importante.
A UPG expresa de novo a súa solidariedade co povo de Venezuela que como outros povos está a construír o seu propio camiño, defendendo a súa soberanía e traballando pola xustiza social.
Reciba un saúdo.
Compostela; 22 de maio de 2018
Secretaría de Relacións Internacionais
Unión do Povo Galego

Condenar o masacre. Defender a liberdade do povo palestino

O pasado 14 de maio o estado de Israel celebrou o 70 aniversario da súa creación con un novo masacre sobre o povo palestino, un masacre que ten provocado nos últimos días máis de 100 mortes e perto de 3000 feridos,  diante da pasividade da maioría dunha comunidade internacional que non fai nada para parar un auténtico xenocidio Unha pasividade que verdadeiramente é complicidade co sionismo e co seu protector, o imperialismo norteamericano que ten dado un novo paso na provocación ao abrir nese mesmo día a súa embaixada en Xerusalén. Ler máis

Queremos Galego convoca manifestación o 17 de maio baixo o lema “En galego día a día”

A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 500 colectivos sociais de todo tipo, convoca unha manifestación para o 17 de maio baixo o lema “En galego día a día”. A manifestación percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saíndo ás 12h da Alameda.

Queremos Galego reclamará este 17 de maio o día a día das persoas que fan que a lingua viva mais ás que se lles exixe un esforzo que non terían que facer se quixeren utilizar unha lingua plenamente normal.

Co lema “En galego día a día” a plataforma cidadá pretende reivindicar o apoio social crecente á lingua galega que contrasta coa actitude da Xunta de Galiza. Segundo indicou o voceiro da Plataforma, Marcos Maceira, “en Galiza é o propio goberno galego, co presidente Feixó á cabeza, quen actúa como un vulgar delegado do goberno español, renegando das funcións que lle dá o estatuto de autonomía e da alta representación de Galiza que debería exercer”. Como consecuencia, sinalou, “o galego é o único idioma oficial do Estado que diminúe en falantes e carece de apoio do seu propio goberno”.

Continuou sinalando que “Feixó anula as competencias e a capacidade da Xunta de actuar e lexislar a favor do galego, e polo tanto todos os artigos ao respecto do Estatuto, a LNL, ou acordos parlamentares unánimes como o PXNLG. En Galiza nin se aplica nin se aproba ningunha lexislación a favor do galego mais si se aplican as máis de 500 disposicións legais que obrigan ao uso do español en diferentes ámbitos”.

“Existe unha sociedade que actúa día a día para repor e normalizar a lingua galega, a través de centos de colectivos e entidades e en ámbitos moi diversos” e que estarán representados como todos os anos no acto final da manifestación. Indicou tamén que “son moitas as persoas que sen falar galego aspiran a vencer as barreiras de todo tipo que lle impeden o mínimo de seguridade precisa para facelo e que demandan mudanzas que faciliten a súa instalación na lingua propia de Galiza”.

“É o pobo galego quen mantén a lingua viva, en solitario, e quen exerce as obrigas da Xunta de Galiza e coa mobilización diaria consegue avances. Grazas ao activismo social o galego conseguiu pequenas vitorias que dan mostra forza do pobo galego, mais tamén de todo o que falta por avanzar”.

Como exemplo citou as compañías de seguros que comezan a cumprir a lei e ofertar pólizas en galego; compañías de telefonía móbil que se obrigadas a rectificar anuncios de desaparición das opcións en galego; ou transnacionais que modificaron regulamentos internos que impedían o uso do galego, non porque actúe a administración senón por acción da sociedade. “Canto mellor estaría o galego se a administración actuase minimamente?”, perguntouse.

Na web www.queremosgalego.gal pódense consultar os horarios e prezos dos buses que se porán a disposición de todas as persoas que desexaren acudir a Compostela a impulsar a plena normalización da lingua galega.

A mocidade galega cara a folga xeral. Comunicado conxunto.

As mozas galegas de clase traballadora atopámonos na altura do 1 de maio do 2018 nunha situación de extrema precariedade e con nulas perspectivas de futuro. Os salarios miserentos, a elevadísima taxa de desemprego xuvenil e en moitos casos a obriga de abandonar o noso país para poder vivir dignamente son os instrumentos que empregan o grande capital español e transnacional para seguir a aproveitarse do noso traballo, gañando cada vez máis a costa de que nos vivamos peor. Ler máis

1º de maio. Avante a folga xeral galega.

Encaramos máis un 1º de maio, Día do Internacionalismo Proletario, nun contexto marcado pola continuada agresión contra a clase traballadora e o conxunto das clases populares da nosa nación. Un saqueo que, sob a coartada da crise capitalista, é perpetrado por parte dos gobernos da dereita españolista ao ditado da Unión Europea e dos intereses do grande capital. Vemos, pois, que a pesar de as cifras macroeconómicas daren algúns síntomas de recuperación, a economía real e, singularmente, as condicións materiais de vida e de traballo do noso pobo, non só non teñen mellorado senón que continúan a empeorar. Ao desemprego insoportábel, que provoca a expulsión por millares da nosa mocidade, acrecéntase unha brutal vaga de precarización das condicións laborais e o empobrecemento dos salarios. Fenómenos que se articulan e integran nunha estratexia xeral que ten por obxecto alargar o nivel de explotación da maioría do pobo para seguir aumentando os lucros dunha minoría, a cada vez máis rica e poderosa.

Ler máis