É Licenciado e Doutor en Filoloxia Románica e Catedrático de Literatura española en Instituto. É autor dunha ampla obra de investigación e ensaio en temas lingüísticos, literarios, culturais e políticos desde unha perspectiva nacionalista. Inaugura unha liña de análise socio-lingüística coa publicación de “Conflicto lingüístico e ideoloxía na Galiza” (1976 – vai pola 4ª edición). Especialista en figuras de grande releváncia como Rosalía de Castro (tese de doutoramento, xaneiro 1988), Curros Enríquez (1973), Blanco Amor (1993) Neste ámbito realizou diversas publicacións- e o manual “Literatura galega, problemas de método e interpretación”.

Militante do nacionalismo desde que tiña 19 anos. Desde entón, loitou contra o franquismo desde a perspectiva nacionalista, por iso sofreu desterro, foi multado en numerosas ocasións e padeceu o cárcere pola súa militáncia, por defender os direitos de Galiza e os direitos dos traballadores do país.

Foi impulsor fundamental da creación e dinamización de organizacións sindicais e políticas como a INTG e o BNG. Dirixente da UPG da que foi Secretario Xeral. Foi membro, tamén, do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego e da súa Executiva.

Foi deputado no Parlamento Galego e deputado e Portavoz do BNG no Congreso dos Deputados desde o ano 1996 até o 2008.