Profesor de Lingua galega e literatura.

Na súa etapa estudantil foi militante de ERGA e participou na fundación dos CAF.

Representante nacionalista no Concello de Santiago de Compostela entre 1995 e 2008, onde foi Portavoz  do BNG e exerceu tamén como Tenente de Alcalde e Concelleiro de Cultura.

Membro do Consello Nacional do BNG e da súa Executiva Nacional onde é coordinador da estratexía “Avanza Galiza”.

Na actualidade é o Secretario Xeral da UPG.