Saúdo enviado ao Partido Comunista de Venezuela polo seu congreso

Ao XV Congreso Nacional do Partido Comunista de Venezuela

Camaradas:

A Unión do Povo Galego quere facerlles chegar un afectuoso saúdo, desexando que a fase final do seu XV Congreso supoña un gran éxito para os e as comunistas venezolanos, e permita ao PCV avanzar na loita contra o imperialismo e cara á definitiva independencia, defendendo as conquistas do proceso político iniciado polo Comandante Hugo Chávez e ao tempo denunciando o entreguismo e a corrupción.

Sabemos que fronte ao sectarismo vostedes apostan firmemente pola unidade, para a acumulación de forzas revolucionarias, que permita enfrontar a delicada situación pola que pasa Venezuela debido á crecente ofensiva da oposición reaccionaria que busca o colapso, consciente de que en circunstancias normais nunca podería chegar ao poder.

Os pobos venezolano e galego temos moitos lazos que nos unen, e a UPG, partido comunista patriótico que loita pola soberanía nacional de Galiza como camiño cara ao socialismo, é solidaria coa loita do irmán pobo venezolano e coa loita do PCV fronte á reacción; por iso saudamos o XV Congreso do PCV sabendo que o seu fortalecemento é imprescindíbel para superar a actual situación e avanzar cara a unha Venezuela Socialista.

Adiante camaradas!!!

Viva a Solidariedade Internacionalista!!!

 

Santiago de Compostela; 20 de xuño de 2017

Secretaría de Relacións Internacionais