Solidariedade co pobo venezolano

Santiago de Compostela; 15 de abril de 2015. Ante a nova ofensiva do imperialismo contra a República Bolivariana de Venezuela a Unión do Povo Galego quere facer público unha vez máis o seu apoio ao povo venezolano, ao lexítimo presidente Nicolás Maduro e ás forzas patrióticas e revolucionarias que loitan por afondar no proceso revolucionario bolivariano na soberanía e na construción dunha sociedade máis xusta.

Condenamos esa inxerencia inadmisible dirixida polos Estados Unidos e seguida entre outros polo goberno vasalo do estado español, unha inxerencia que busca avanzar nun proceso de desestabilización de Venezuela e do conxunto de América latina, pois o imperialismo segue sen asumir que o dereito dos pobos a exercer a soberanía é un dereito universal.

Reafirmámonos na condena realizada hoxe mesmo no congreso dos deputados do estado español pola representante de Bloque Nacionalista Galego (fronte patriótica da que o noso partido forma parte) e a denuncia da actitude agresiva que manteñen o PP e o PSOE contra o goberno e o pobo de Venezuela.

Ante a convocatoria o próximo 19 de abril dunha xornada mundial de solidariedade reiteramos o chamamento a participar nos distintos actos solidarios programados e a manter a solidariedade no tempo, pois o proceso bolivariano representa hoxe a loita de todos os pobos que loitamos por exercer a libre autodeterminación e construír sociedades máis xustas.