Solidariedade coa loita do povo do Sudán

A UPG asina xunto con outros 30 partidos comunistas unha declaración de solidariedade coa loita do povo do Sudán:

Os partidos comunistas e obreiros asinantes, expresamos o noso apoio e solidariedade coa loita do pobo sudanés contra o réxime ditatorial, pola democracia eo progreso social.

Desde o inicio das masivas e pacíficas manifestaciónspor todo o país, o réxime ditatorial desencadeou unha actuación represiva, usando a forza, matando máis de 40 manifestantes, ferindo centenares e detendo máis de mil persoas,incluíndo figuras da oposición e activistas, comunistas e demócratas. Ademais, desenvólvense  accións represivas contra estudantes, mulleres, activistas, profesionais e xornalistas.

O réxime está a aplicar unha política económica ditada polo Banco Mundial e o FMI que está arruinando o país e transformou a vida da inmensa maioría da poboación levándoa á miseria, á fame e á pobreza.

Sendo un verdadeiro servo do imperialismo mundial e da reacción rexional, o réxime ten vendido terras fértiles ao capital estranxeiro expulsado seus propietarios locais, abriu o país á CIA e ás actividades do Mossad, aloxando a maior estación da CIA en África. Uniuse a EEUU e AFRICOM enviando tropas a Iemen como parte da invasión de Arabia Saudita.

Os partidos comunistas e obreiros reclamamos a liberación inmediata e incondicional de todos os detidos políticos.

Tamén declaramos o noso apoio ás accións pacíficas de protesta destinadas ao derrocamento do réxime ditatorial, o desmantelamento e o estabelecemento dun goberno democrático e popular que abre o camiño para completar as tarefas da revolución democrática nacional.

Saudamos o papel desempeñado polo Partido Comunista do Sudán no actual levantamento populare apoiamos os esforzos para construír a alianza o máis ampla posíbel para derrubar o réxime ditatorial.

http://www.solidnet.org/article/Sudanese-CP-Appeal-for-Solidarity-with-the-Struggle-of-the-Sudanese-People/