En Setembro de 1995 iniciase unha nova etapa do Terra e Tempo. Deixa de ser órgano de expresión do Comité Central e pasa a converterse nunha revista de información, análise, interpretación e propostas de actuación sobre temas monográficos. Aínda que a publicación siga dependendo do Comité Central, os autores e autoras dos artigos xa non teñen porque ser militantes da UPG nin que o Partido compartir os pontos de vista, análises e conclusións. A partir do número 8 (Maio de 1998) tamén se publicarán ilustracións orixinais en cada un dos números. A cabeceira no número 12 (Setembro de 1999), coincidindo co 35 aniversario da UPG, pasa a ser redeseñada da man de Xosé Lois Vázquez, Che.