A UPG intervén no Porto nun acto conmemorativo do centenario da Revolución de Outubro

O vindeiro sábado día 2 de decembro o noso partido participará no Porto nun acto conmemorativo do centenario da Revolución de Outubro organizado pola Associação Política União Democrática Popular-UDP.

A UPG estará representada polo noso secretario de Relacións Internacionais Duarte Correa, que será o encargado de intervención central do acto, intervención na que abordará o tema proposto polos organizadores, “100 anos de Outubro, fazer presente a consciência revolucionária”, desde diversos ángulos, o significado histórico da revolución de outubro e a súa importancia, os ensinamentos para a loita dos e das revolucionarias de hoxe e a relación entre o socialismo e a cuestión nacional.