A UPG parabeniza Nicolas Maduro polo triunfo nas eleccións presidenciais

A UPG a través da Secretaría de Relacións Internacionais traladou os nosos parabéns ao Presidente Nicolas Maduro polo triunfo nas eleccións presidenciais venezolanas. De seguido vai o texto do saúdo enviado:


Nicolás Maduro
Presidente da República
Bolivariana de Venezuela
Estimado compañeiro: Diante dos resultados das eleccións do pasado domingo, que supuxeron unha nova vitoria do proceso político bolivariano coa súa reelección como Presidente da República Bolivariana de Venezuela, querémoslle facer chegar os nosos máis sinceiros parabéns por este triunfo. Un triunfo que volve demostrar que o pobo venezolano non cae no engano das campañas de manipulación da dereita e do imperialismo.
Somos conscientes do complicado marco socioeconómico e político no que se celebraba esta convocatoria, debido fundamentalmente á campaña de inxerencias dos EEUU e a UE na vida venezolana, apoiando a unha dereita que se nega a asumir a decisión soberana do povo expresada nas urnas; por iso consideramos que a vitoria é aínda máis importante.
A UPG expresa de novo a súa solidariedade co povo de Venezuela que como outros povos está a construír o seu propio camiño, defendendo a súa soberanía e traballando pola xustiza social.
Reciba un saúdo.
Compostela; 22 de maio de 2018
Secretaría de Relacións Internacionais
Unión do Povo Galego