XVII Congreso da Unión da Mocidade Galega

O próximo sábado día 7 de xullo terá lugar, no Centro Social Leste de Pontevedra, o XVII Congreso da Unión da Mocidade Galega, baixo o título “Organizando a revolución, liberando a Patria Galega”. Esta xornada que comezará ás 10.30h será a conclusións dos traballos congresuais iniciados o pasado mes de abril.

Durante este período a UMG contribuíu de forma activa no traballo das organizacións das que forman parte os seus integrantes. Dedicando unha especial atención ao movemento estudantil e xuvenil, dado que desde os inicios da crise do sistema capitalista, as políticas do Estado español e da Unión Europea foron moi lesivas para a mocidade galega e para o conxunto da sociedade.

Neste congreso a mocidade comunista e patriótica organizada na UMG aspiramos a analizar a realidade que nos rodea e ser quen de trazar unha estratexia para facer aumentar a conciencia nacional e de clase entre as mozas galegas, axudando así a afortalar o proxecto nacionalista no camiño de acadar unha República Socialista Galega.