55 aniversario da FPLP

A Frente Popular de Liberación de Palestina-FPLP, vén de conmemorar o 55 aniversario da súa fundación coa celebración dun masivo acto político en Gaza, no que participaron miles de militantes e simpatizantes. O noso partido enviou un saúdo á FPLP que reproducimos de seguido.


FRENTE POPULAR DE LIBERACIÓN DE PALESTINA
(FPLP)

Camaradas:

Reciban o saúdo cordial do Comité Central e de toda la militancia da UPG, no día no que conmemoran os 55 anos da fundación da súa organización. Máis de cinco décadas de loita coherente na defensa do dereito do pobo palestino a construir un estado independente, e de loita pola xustiza social, tendo como horizonte de futuro o socialismo.

Son estreitos los lazos que unen ao pobo galego co pobo palestino, e aínda máis estreitos os lazos unen aos nosos dous partidos desde hai moitos anos; por iso a FPLP sabe que na UPG e no conxunto do movemento nacionalista galego contan con irmáns e camaradas, sempre en primeira liña na denuncia da ocupación e do xenocidio que acomete o estado sionista de Israel, diante da pasividadade da comunidade internacional e da complicidade do imperialismo estadounidense.

Camaradas, animámolos a manter a loita, dado que un pobo que loita é un pobo que ten futuro, e o futuro será unha Palestina Libre.

Viva a FPLP!
Viva a loita do Pobo Palestino!

Compostela, 11 de decembro de 2022

Secretaría de Relacións Internacionais
Comité Central