7ª edición do Convivio da Cultura Galega

O vindeiro 26 de setembro celebrarase a 7ª edición do Convívio da Cultura Galega en Outeiro de Rei, organizada dende a Federación Galiza Cultura conxuntamente coa Casa-Museo Manuel María.

Se ben nas edicións anteriores viñamos celebrando este encontro no segundo sábado do mes de xullo, neste 2020 adiouse por mor da pandemia.

A xornada desenvolverase cunha programación que poida garantir a seguridade das persoas asistentes. En función diso o Convivio desenvolverase co seguinte horario:

11:15 h.: Chegada a Outeiro e traslado ao cemiterio
11:30 h.: Ofrenda a Manuel María no cemiterio de Outeiro
12:00 h.: Encontro das entidades culturais pertencentes a Galiza Cultura coa seguinte orde do día:

• O estado da cultura nacional e o papel do asociacionismo de base no actual contexto.
• Celebración das Letras Galegas 2021
• Desenvolvemento da programación de Galiza Cultura para o presente ano e propostas para
o 2021

14:00 h.: Xantar (espazo cuberto no caso de chuvia). Cada quen trae a súa comida.

16:00 h.: Actuación de Quico Cadaval.