8 de Marzo – Día Internacional das Mulleres Traballadoras
O nacionalismo galego desenvolve, un ano máis, unha intensa actividade ao redor do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadoras.
O BNG presenta a súa campaña baixo o lema “Nin medo nin vergoña”. Plantándolle cara ao fascismo e á onda reaccionaria, defenderemos os dereitos das mulleres nas rúas e nas institucións.

Por outra parte as mulleres da CIG mobilizaranse este 8M en demanda de traballo, igualdade e salarios dignos. O lema elixido “Traballo, igualdade, salarios dignos. Galiza con dereitos”, destaca as necesidades das traballadores galegas porque a pesar dos supostos avances formais “o certo é que a lexislación en igualdade non serviu para reducir e eliminar a fenda salarial, garantir unha valoración xusta dos traballos feminizados, nin unhas retribucións iguais para traballos de igual valor”, salientou a secretaria das Mulleres, Nicolasa Castro.
Así pois, na xornada do 8 de Marzo a secretaría das Mulleres da CIG ten previstas mobilizacións, ás 12:00 horas en diversas cidades e vilas do país. Pódese consultar a información na web da CIG.

De igual xeito animamos ao conxunto do pobo galego a participar nas convocatorias do movemento feminista galego previstas para o propio 8 de marzo. Achegamos a continuación información das mobilizacións previstas:

