8 de marzo. Día Internacional das Mulleres Traballadoras

Un ano máis o nacionalismo galego desenvolve unha intensa actividade ao redor do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadoras. O BNG presenta a súa campaña baixo o lema “Imos estar aquí o 8M e os 365 días do ano”. Cada mes haberá unha denuncia e unha alternativa que comezará neste mes de marzo centrándose na fenda salarial que sofren as mulleres galegas. Ao mesmo tempo o Bloque rexistrará no Parlamento a Lei de creación da Valedora da Igualdade, un organismo autónomo que velará polos dereitos das mulleres. Máis información na páxina da campaña: https://8m365dias.gal/

Por outra banda a CIG baixo o lema “A crise non a imos pagar as traballadoras”, convoca mobilizacións nas rúas de 12 cidades e vilas galegas para denunciar a precariedade que padecen as traballadoras galegas, o deterioro das súas condicións de vida, por mor da inflación galopante, e exixir melloras nas súas condicións laborais e salariais, ademais duns servizos públicos de calidade.

Mobilizacións convocadas

  • A Coruña 11:30h (Subdelegación do Goberno)
  • A Mariña: 11:00h (concello de Burela)
  • Lugo: 12:00h (edificio da Xunta)
  • Compostela: 12:00h (Praza Roxa)
  • Ferrol: 12:00h (local CIG –Avda. de Esteiro)
  • As Pontes: 12:00h (Praza do Hospital)
  • Pontevedra: 12:00h (Edificio Sindical)
  • Vilagarcía: 12:00h (Auditorio)
  • Vigo: 11:30h (cruce da Dobrada)
  • Cangas: 12:00h (estación de autobuses)
  • A Guarda: 12:00h (Praza As de Copas)
  • Ourense: 12:00h (edificio da Xunta –Avda. da Habana)

Máis información na web da CIG

De igual xeito animamos ao conxunto do pobo galego a participar nas convocatorias do movemento feminista galego previstas para o propio 8 de marzo. Achegamos a continuación información das mobilizacións previstas: