8 de marzo, contra a precariedade laboral e a cousificación da muller.

Este 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadoras, o nacionalismo galego chama á mobilización para combater a precariedade laboral e a cousificación e sexualización das mulleres.

A CIG este 8 de marzo sairá á rúa para sinalar a responsabilidade directa dos gobernos no mantemento das desigualdades e a precariedade que padecen as mulleres. Este ano, atendendo ao debatido e acordado no IX Encontro Nacional de Mulleres, a CIG conmemora o Día Internacional da Muller Traballadora interpelando directamente os gobernos, institucións e empresas, coa convocatoria de máis de 20 manifestacións e concentracións por todo o país. “Mobilizámonos contra quen ten a responsabilidade de garantir os nosos dereitos e para esixir que esta situación de desigualdade remate xa”, aseveran. Máis información na súa páxina Web.

Lugares e horas das mobilizacións convocadas pola CIG:

A CORUÑA

ÁS 12H. HORAS MARCHA A PÉ DESDE A SUBDELEGACIÓN, AVENIDA DA MARIÑA, 23

CARBALLO

ÁS 12 H. CONCENTRACIÓN NA PRAZA DO CONCELLO

CEE

ÁS 12 H. CONCENTRACIÓN NA PRAZA 8 DE MARZO

FERROL

ÁS 12 H. MARCHA DESDE O LOCAL SINDICAL ATÉ A PRAZA DE ARMAS

AS PONTES

ÁS 12 H. CONCENTRACIÓN DIANTE DO CONCELLO

COMPOSTELA

ÁS 12 H. MARCHA ÁS 12 H DESDE A PRAZA ROXA

RIBEIRA

ÁS 11:30 H. CONCENTRACIÓN NA PRAZA PABLO NERUDA

PONTEVEDRA

ÁS 12 H. MARCHA DESDE A PRAZA DA FERRERÍA

A ESTRADA

ÁS 12 H. CONCENTRACIÓN NA PRAZA DO MERCADO

LALÍN

ÁS 12 H. PRAZA DA IGREXA.

VILAGARCÍA

ÁS 12 H. MARCHA DESDE A PRAZA GALIZA, RÚA COVADONGA, ARZOBISPO ANDRADE, RÚA CASTELAO E REMATE PRAZA GALIZA.

CAMBADOS

ÁS 12 H. CONCENTRACIÓN NA PRAZA CONCELLO

OGROBE

ÁS 12 H. CONCENTRACIÓN DIANTE CONCELLO (PRAZA CORGO).

VIGO

ÁS 12 H. MARCHA DESDE O CRUCE DA DOBRADA ATÉ A FAROLA DE URZÁIZ

O PORRIÑO

ÁS 11:30 H. MARCHA DESDE A ROTONDA DAS ANGUSTIAS

CANGAS

ÁS 11.30 H. MARCHA DENDE A ESTACIÓN MARÍTIMA ATÉ O CONCELLO

A GUARDA

ÁS 12 H. CONCENTRACIÓN NA PRAZA AVELINO VICENTE (AS DE COPAS)

LUGO

ÁS 12 H. CONCENTRACIÓN DIANTE DA XUNTA DE GALIZA

VIVEIRO

ÁS 12 H. CONCENTRACIÓN NA PRAZA DA FONTENOVA

OURENSE

ÁS 12 H. CONCENTRACIÓN NOS XARDÍNS DO PADRE FEIXÓO

VERÍN

ÁS 12 H. CONCENTRACIÓN NA PRAZA DO CONCELLO

Pola súa parte o BNG presenta a campaña con motivo do 8M, nesta ocasión centrada na denuncia da cousificación e na sexualización da muller, que persiste a día de hoxe e que mesmo é normalizada cando desde un ente público como TVE se elixe unha canción, -SloMo-, cuxa letra incide en dar unha imaxe estereotipada das mulleres, letra que é utilizado pola formación nacionalista precisamente para facer a súa campaña.

“A pretensión é denunciar que sigue existindo unha cousificación e sexualización dos  corpos das mulleres”, sintetizou a portavoz nacional, Ana Pontón, a quen lle parece especialmente grave que un medio público se sume a normalizar esa concepción e esa imaxe a través dunha letra que a campaña do BNG convida a reescribir.

É necesario denunciar como o machismo e o patriarcado “oficializan” o seu discurso, consolidando a discriminación das mulleres en todos os ámbitos, nos materiais e tamén nos simbólicos. “No BNG queremos neste 8M bater con forza contra a cousificación das mulleres, contra o machismo que continúa a utilizarnos e a discriminarnos”, recalcou Pontón, e queremos “desenmascara“ ese machismo utilizando “as ferramentas do feminismo”.

Facemos un chamamento a participar nas mobilizacións que ten convocadas a CIG en horario de mañá, así como nas mobilizacións que a plataforma Galegas8M ten convocadas para este 8 de Marzo en numerosas localidades do país. Podes consultas os lugares e as horas das mobilizacións nesta ligazón: http://galegas8m.gal/convocatorias/convocatorias-8m-2022/