A batalla de Meirás

Este xoves, día 10 de decembro, o pazo de Meirás pasará ao patrimonio público 82 anos despois, como consecuencia da execución provisional da sentenza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña que lles condenou á súa devolución.

A devolución de Meirás inclúe 697 bens catalogados que a familia do dictador intentou roubar nas últimas semanas, entre os cales se atopan as estatuas de Abraham e Isaac, do Mestre Mateo.

Como todas as batallas pola xustiza, a dignidade e a memoria, a devolución foi un proceso longo e colectivo na que o nacionalismo galego e os colectivos da memoria histórica ocuparon un papel fulcral.

Para achegarnos a ese proceso o Bloque Nacionalista Galego lanzou onte A Batalla de Meirás, un audiovisual de 21 minutos onde explica a evolución desta loitas nos derradeiros 40 anos, que consideramos de gran relevancia histórica e animamos a ver e compartir.