A UPG asiste ao XXI Seminario Internacional que organiza o Partido do Traballo de México

O noso Partido está presente un ano máis no Seminario Internacional “Os partidos e unha nova sociedade” que se celebra desde hai máis de vinte anos na capital mexicana organizado polo Partido do Traballo de México.

Este Seminario de reflexión e debate é unha importante cita anual deanálise dos movementos e novos posicionamentos que se producen na xeopolítica e nas relacións internacionais. No mesmo danse cita en cada edición representantes de máis de 100 organizacións políticas, sindicais e sociais de todo o mundo xunto con intelectuais e académicos, co obxecto de reflexionar sobre os temas incluídos no programa e o papel que deben cumprir as organizacións políticas e sociais nos procesos transformadores e nas loitas reivindicativas dos pobos e das clases populares. No Seminario tamén participan representantes de organizacións políticas e gobernos que dirixen os diversos procesos políticos transformadores, nacionalistas e revolucionarios en curso en América Latina e noutras latitudes.

Nesta edición serán obxecto principal de estudo e debate os efectos do golpe de estado institucional producido en Brasil e o falecemento do líder da revolución cubana Fidel Castro no proceso políticode construción dunha América latina plenamente soberana e de xustiza social. Tamén se inclúen no programa as respostas que se están articulando fronte á actual contraofensiva imperialista eo proxecto político do actual presidente norteamericano de Donald Tump e as súas previsíbeis consecuencias para o continente americano e para o mundo en xeral.

A UPG leva xa varios anos participando xunto con outras organización europeas, entre elas a Fundación Moncho Reboiras dependente da CIG, e coa nosa participación buscamos aportar a nosa visión sobre a complexa realidade internacional encadrando a loita concreta do nacionalismo galego nese marco, ao tempo que recollemos outras análises e reflexións ao tempo que coñecemos as experiencias de loita de outros pobos e podemos establecer e estreitar relacións con outras organizacións políticas coas que temos coincidencia no obxectivo de construír un mundo máis xusto de nacións soberanas.