Acto en Lugo en conmemoración da I Asemblea Nacionalista

Este sábado 20 de novembro a Plataforma Social Via Galega vai desenvolver un acto de conmemoración da I Asemblea Nacionalista realizada en Lugo fai 103 anos. Vía Galega quere lembrar no 103 aniversario da I Asemblea Nacionalista o labor das Irmandades da Fala e o primeiro manifesto que serviu de base para os programas do nacionalismo galego. Neste documento defínese Galiza como nación e convídase a mocidade a sumarse a esta iniciativa porque “son chegados os tempos de erguer a alma e o pensamento de Galiza e, sobre todo, a súa soberanía, completa e sen cativeces. Nisto non caben discusións: Galiza ten dereito, un dereito fundamental a ser dona de si mesma”.

O acto público conmemorativo da I Asemblea Nacionalista, será o 20 de novembro ás 11:30 horas na rúa da Raíña de Lugo, e contará coas intervencións de María Pilar García Negro, profesora da UdC e escritora, e de Cosme Pombo Rodríguez, coordenador de Vía Galega en Lugo. Ademais, haberá unha actuación musical de Airiños do Fiouco.

Dada a súa importancia e relevancia, convidámos ao conxunto da nosa militancia e simpatizantes a participar nesta conmemoración e a popularizar e publicitar a súa convocatoria.

 

Información tirada da web de Vía Galega