Actos de tributo a Moncho Reboiras 2025

Neste ano 2025 cúmprense 50 anos do asasinato do noso camarada Moncho Reboiras pola policía española na cidade de Ferrol. É pos iso que as conmemoracións deste ano teñen unha especial relevancia para todas as persoas que durante todos estes anos lembramos a figura de Reboiras e que acreditamos na importancia histórica e ideolóxica do noso camarada asasinado.

Os actos que a Unión do Povo Galego vai tributar desenvolveranse baixo o seguinte programa:

Ás 19:00h. Concentración da Praza de Armas. Saída cara á rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras. Ofrenda floral, intervención de Pilar Lozano, Responsábel Comarcal do BNG, e canto da Internacional.

Ás 19:30h. Intervencións Políticas no Cantón.

Sabela Méndez do Secretariado Nacional da UMG

Francisco Rodríguez do Secretariado Político da UPG

Néstor Rego, Secretario Xeral da UPG e deputado no Congreso

Ao remate, canto do himno galego.

Neste ano de 50 aniversario do seu asasinato, a Fundación Moncho Reboiras, a Fundación Terra e Tempo e a Fundación Galiza Sempre conformaron a Comisión de Conmemoración do 50 aniversario de Reboiras, co obxectivo de lembrar e pór en valor a súa figura. Así, a comisión organiza neste 12 de agosto un Acto Nacional ás 12:00h en Imo (Dodro), ao que animamos a asistir.

O programa do acto nacional é o seguinte:

A Unión da Mocidade Galega, as mocidades do noso Partido, tamén desenvolverán unha nova edición das Xornadas de Formación Moncho Reboiras. Serán a segunda feira, 11 de agosto en Padrón e contaremos con catro interesantres palestras a cargo de Francisco Rodríguez, Rubén Cela, Susana Méndez e Manolo Rei. O programa completo vai a continuación:

Recollendo o exemplo do camarada Moncho Reboiras no traballo de autoorganización do povo galego, proclamamos a nosa fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza, á que o noso camarada entregou a súa vida, e convidámoste a participar nestas homenaxes.