Actos en lembranza de Bautista Álvarez
Este sábado 14 de setembro terán lugar en San Cibrao das Las, San Amaro, os actos de lembranza ao camarada Bautista Álvarez no seu VII cabodano.
Comezarán os actos ás 17:30h cunha ofrenda floral no cemiterio de San Cibrao de Las, onde repousan os seus restos mortais, cunha intervención de Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.
Posteriormente, ás 18:30h, no Centro de Interpretación do Castro de San Cibrao das Las (moi perto do cemiterio), a Fundación Terra e Tempo desenvolverá a presentación do número 189 da revista Terra e Tempo “Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG). A primeira gran organización de masas do nacionalismo”. Contaremos coa actuación musical de Alexandre Cabanelas e as intervencións de Xela Fernández Veloso, Alfredo Suárez Canal e Francisco Rodríguez, presidente da Fundación Terra e Tempo.
Convidamos ao conxunto da militancia e aos nosos e nosas simpatizantes a acompañarnos neste acto de lembranza e tributo a quen foi figura fundamental para o nacionalismo galego e exemplo incomparábel de patriota galego.