Actos en lembraza de Bautista Álvarez
Esta sexta feira 15 de setembro, desenvolveremos os actos en lembranza do camarada Bautista Álvarez no seu VI cabodano. Comezan os actos as 6 da tarde na casa natal de Bautista Álvarez en Loucía, San Cibrao das Las no concello de San Amaro, onde a Fundación Terra e Tempo fará a presentación do libro póstumo de Bautista Álvarez “Teseo loitando contra o Minotauro” coa participación de Modesto Álvarez, sobriño de Bautista, Ana Paz, camarada da zona e membro do Comité Central e María do Carmo García Negro, do padroado da Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas, editora do volume.
Posteriormente, ás 7 da tarde, no cemiterrio de San Cibrao das Las, desenvolveremos a ofrenda floral coas intervencións de Eladino Cabanelas, camarada da zona e Daniel Gómez, Secretario Político da UPG en Ourense.
Convidamos ao conxunto da militancia partidaria e ao conxunto dos nosos e nosas simpatizantes a acompañarnos neste acto de lembranza e tributo a quen foi figura fundamental para o nacionalismo galego e para o noso Partido.