Actos de tributo a Moncho Reboiras 2024

A Unión do Povo Galego vai desenvolver como todos os anos, desde fai xa 49, os actos de tributo ao camarada Xosé Ramón Reboiras Noia asasinado pola policía española no ano 1975. Os actos de tributo desenvolveranse a vindeira segunda feira, 12 de agosto, baixo o seguinte programa:

ACTOS CONMEMORATIVOS:

DODRO.

Cemiterio de Imo.

Ás 12:00h. Ofrenda floral. Intervencións de Xoán Bautista Mariño, portavoz do BNG en Dodro e Manel Casal, Secretario Nacional de Organización da UPG

FENE.

SCDR O Pote, Maniños.

Ás 14:30h. Xantar popular.

Ás 16:30h. Conferencia de Rubén Cela: “Marxismo e a cuestión nacional”
FERROL.

Ás 19:00h. Concentración da Praza de Armas. Saída cara á rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras. Ofrenda floral, intervención de Susana Méndez, Secretaria de Organización da CIG, e canto da Internacional.

Ás 19:30h. Intervencións Políticas no Cantón (Ao carón das Angustias).

Olaia Ledo (Portavoz Municipal do BNG en Narón e Membro da Executiva Nacional do BNG)

Iago Suárez (Secretario Xeral da UMG e deputado no Parlamento Galego)

Néstor Rego (Secretario Xeral da UPG e deputado no Congreso)

Ao remate, canto do himno galego.

 

A Unión da Mocidade Galega -UMG, as mocidades do noso Partido, tamén desenvolverán unha nova edición das Xornadas de Formación Moncho Reboiras. Serán a terza feira, 13 de agosto no centro social da SCDR O Pote de Maniños en Fene e contaremos con catro interesantres palestras a cargo de Suso Seixo, Mercedes Tobío, Francisco Rodríguez e Ramón Fernández “Mon”. O programa completo vai a continuación:

Recollendo o exemplo do camarada Moncho Reboiras no traballo de autoorganización do povo galego, proclamamos a nosa fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza, á que o noso camarada entregou a súa vida, e convidámoste a participar nesta homenaxe.