Entries by UPG

Mobilización nacional contra a suba dos prezos

A escalada de prezos que estamos a sufrir, con especial incidencia na Galiza, está empobrecendo ás familias, á clase traballadora, levando ó límite a moitas empresas e mesmo a sectores produtivos esenciais en Galiza, por iso, o BNG está a desenvolver unha campaña de sensibilización e mobilizacións baixo o lema “Os prezos soben, os teus […]

‘Galiza pola Paz’, mobilizacións nas sete cidades este domingo 20 de marzo

A plataforma ‘Galiza pola Paz’, unha resposta galega ante o conflito bélico que se está a dar na Ucraína e composta por máis de 30 organizacións e colectivos, entre eles a UPG, convoca mobilizacións simultáneas, ás 12:00 horas, nas sete cidades para o vindeiro domingo día 20 de marzo, reclamando a fin da guerra e […]

Mobilizacións 11 de decembro. Eólica así non. Na defensa das montañas

O vindeiro 11 de decembro, Día das Montañas, a coordinadora “Eólica Así Non” promoverá unha mobilización descentralizada por áreas xeográficas especialmente afectadas pola actual vaga eólica, desta volta, co obxectivo de dar especial visibilidade ás plataformas e colectivos da veciñanza que viven nos territorios máis directamente afectados por esta enxurrada incesante de proxectos eólicos.

Solidariedade co povo sudanés

Diante do recente golpe de estado no Sudán, e por iniciativa do Partido Comunista Surafricano, máis de corenta partidos comunistas de todo o mundo, entre eles a UPG, fixeron pública esta declaración conxunta.