Entries by UPG

A UMG súmase á mobilización xuvenil do 24X pola independencia

A Unión da Mocidade Galega, xunto a outras organizacións xuvenís, estudantil e colectivos sociais soberanistas, vén de facer pública a manifestación xuvenil que por quinto ano consecutivo percorrerá Compostela o 24 de xullo, véspera do Día da Patria, baixo o lema ‘A mocidade na ofensiva, independencia!”.

40 aniversario da UMG

Este ano 2017 cúmprense 40 anos do nacemento da Unión da Mocidade Galega, no seu Congreso Consituinte realizado o 14 e 15 de Agosto do 1977. Nace a UMG como froito das fondas análises realizadas no Partido, onde a autoorganización da mocidade galega pasou a ser clave como escola de militantes comunistas nacionalistas.

Solidariedade con Lula e coa esquerda brasileira

A condena de Luís Inácio Lula da Silva a nove anos e medio de cárcere non é unha actuación xudicial, é un paso máis n intento de consolidación do golpe de estado institucionalque retirou da presidencia do Brasil a Dilma Rousseff, un golpe posto en marcha pola dereita política e económica brasileiras, golpe enmarcado na […]

4º Convivio da Cultura Galega

Nste sábado, 8 de xullo, decorrerá por 4º ano consecutivo o Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei da Terra Chá. Unha xornada de encontro, de convivencia e de festa de todas as xentes e entidades que ano após ano traballan, cada quen desde a súa expresión, difundindo e creando cultura de noso. Un […]

Saúdo enviado ao Partido Comunista de Venezuela polo seu congreso

Ao XV Congreso Nacional do Partido Comunista de Venezuela Camaradas: A Unión do Povo Galego quere facerlles chegar un afectuoso saúdo, desexando que a fase final do seu XV Congreso supoña un gran éxito para os e as comunistas venezolanos, e permita ao PCV avanzar na loita contra o imperialismo e cara á definitiva independencia, […]