Entries by UPG

Saúdo enviado ao Partido Comunista de Cuba no seu VII Congreso

VII Congreso Partido Comunista de Cuba   Santiago de Compostela; 15 de abril de 2016   Compañeiros e compañeiras:   Queremos trasladar a todos os delegados e delegadas que participan no VII Congreso a solidariedade e o saúdo da dirección e da militancia da Unión do Pobo Galego. Somos conscientes da importancia que ten este […]

A UPG é un dos máis de 50 partidos comunistas e obreiros asinantes dunha declaración solidaria coas persoas refuxiadas e inmigrantes, declaración que denuncia as causas reais da súa situación, que non é outra que a agresividade imperialista

Debemos de confrontar contra o sistema explotador, que só crea guerras, refuxiados, inmigración e pobreza. Solidariedade coas persoas refuxiadas e inmigrantes! Declaración conxunta de Partidos Comunistas e Obreiros Nós, partidos comunistas e obreiros asinantes deste texto:

Aclaracións en relación coa difusión de tres artigos de Bautista Álvarez

Foron difundidos nas redes, e por outros medios, tres artigos de opinión de Bautista Álvarez acompañados de dúas cartas en que afirma que existe ‘censura’ ás súas opinións políticas polo feito de eses artigos non ter sido publicados na revista dixital Terra e Tempo, dependente da Fundación que presidía e que leva o seu nome. […]

Entrevista a Néstor Rego, Secretario Xeral da UPG

Anexamos no seguinte enlace unha interesante entrevista a Néstor Rego aparecida no número de xaneiro do xornal A Peneira. Nela o noso Secretario Xeral analiza os temas de actualidade do nacionalismo e outras reflexións sobre o pasado e o futuro da nosa loita pola liberación nacional. Entrevista a Néstor Rego na Peneira

Saúdo enviado ao 21 Congreso do DKP

Ao 21 Congreso do Partido Comunista Alemán   Camaradas: A Unión do Povo galego quere facerlles chegar o seu máis afectuoso saúdo cando celebran o seu 21 Congreso. O Partido Comunista Alemán-DKP encara este congreso nun momento no que a nivel planetario o imperialismo está a acometer unha ofensiva cada vez máis agresiva e militarista, […]

Saúdo enviado pola UPG ao 17 Encontro Internacional de Partidos Comunistas e Operarios

Ao 17 Encontro Internacional de Partidos Comunistas e Operarios. Estambul. Turquía Camaradas: Queremos facer chegar aos partidos que participan no 17 Encontro Internacional de Partidos Comunistas e Operarios o noso saúdo, seguros de que serán importantes e útiles, para os partidos comunistas participantes e para os que seguimos con atención o desenvolvemento dos distintos Encontros […]