Entries by UPG

Condenamos o intento de ilegalizar o DKP

O Partido Comunista Alemán-DKP está a atravesar un momento moi delicado, diante da ameaza por parte das autoridades alemás de retirarlle a condición de partido político legal, o que lle impediría participar nas eleccións federais do vindeiro mes de setembro, nas que o DKP ten previsto concorrer con candidaturas en 11 estados. Hai que sinalar […]

Saúdo enviado ao 21 Congreso do Partido Comunista da Grecia-KKE

Do 24 ao 27 de xuño celebrarase en Atenas o 21º Congreso do Partido Comunista da Grecia, congreso que ten como lema ‘Un KKE Forte. Corazón, Mente, Organizador da Loita Popular dos Traballadores baixo o Socialismo’. A UPG enviou un saúdo de amizade ao KKE desexándolle un exitoso congreso, saúdo que reproducimos a continuación:

Perú abre unha nova etapa

A vitoria de Pedro Castillo na segunda volta das eleccións presidenciais peruanas supón a ruptura cunha historia de décadas de gobernos de dereita, que respondían aos intereses da burguesía e do centralismo limeño, gobernos corruptos e submisos diante das decisións do imperialismo e das transnacionais que explotan os recursos naturais sen que iso redunde no […]

A OTAN reúnese en Bruxelas ás ordes de Joe Biden

Hoxe luns celébrase en Bruxelas a 29 Cimeira da Organización do Tratado do Atlántico Norte-OTAN, principal instrumento militar do imperialismo, unha reunión na que estará presente o presidente dos EUA, e que segundo fontes da propia OTAN estará centrada fundamentalmente na adopción de medidas contra Rusia e China, e contra o terrorismo internacional.

Xa dispoñíbel na web o libro do XV Congreso da UPG

Presentamos o documento coas resolucións do XV Congreso da Unión do Povo Galego que tivo lugar na cidade de ompostela, o 19 de febreiro de 2020baixo o lema “Autodeterminación para a Galiza existir e avanzar”. Recóllense no libro as Teses aprobadas, o discurso de apertura a cargo de Néstor Rego, como Secretario Xeral da UPG […]

Denunciamos un novo ataque a Cuba

A UPG denuncia unha nova actuación agresiva contra Cuba, executada por un grupo de deputados, que nesta mesma semana tentarán que o Pleno do Parlamento Europeo se pronuncie contra Cuba, baixo a escusa de vulneración dos dereitos humanos.

Derrota da dereita e do pinochetismo en Chile

Os resultados das eleccións celebradas en Chile nos días 15 e 16, supoñen un importante triunfo para os sectores da sociedade chilena que apostan pola transformación social, e por unha democratización que debe pasar pola ruptura co actual réxime político, que non deixa de ser unha continuidade do pinochetismo, continuidade marcada pola Constitución vixente.