Entries by UPG

Contra a agresión israelí. Con Palestina sempre!

Nas últimas semanas asistimos a distintos actos de provocación por parte das autoridades israelís contra o pobo palestino en Xerusalén, como foron as ameazas de expulsión das súas vivendas de varias familias na zona de Sheikn Jarrah ou os impedimentos en pleno Ramadán para que os fieis puideran asistir ao rezo na mesquita Al-Aqsa.

Declaración en solidariedade coa loita en Colombia

A Unión do Povo Galego quere facer público o seu apoio á loita do pobo colombiano, que desde hai unha semana realiza fortes mobilizacións, cun paro nacional que ten a centos de milleiros de persoas nas rúas, baixo a consigna “Por vida, Paz, Democracia e contra la Reforma Tributaria e o Paquetazo Neoliberal de Duque”.

1º de maio. Por unha saída galega xusta da crise

A CIG conmemora este ano o Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, cun total de 16 manifestacións e concentracións –a central en Vigo-, en todas as cidades e en múltiples vilas da xeografía de galega baixo o lema “Por unha saída galega xusta da crise”. Un lema que, segundo explicou o secretario xeral, […]

Saúdo ao 8º Congreso do Partido Comunista de Cuba

Entre o 16 e o 19 de abril celébrase na cidade da Habana o 8º Congreso do Partido Comunista de Cuba. Baixo o lema “O Congreso da continuidade histórica da Revolución Cubana”, o PCC márcase como principais obxectivos actualizar a conceptualización do Modelo Económico e Social Cubano de Desenvolvemento Socialista,e avanzar no proceso de renovación […]

Manifestación nacional “Galiza Nación. Un Pobo con dereitos”

Vía Galega, plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, convoca unha manifestación nacional que terá lugar o domingo, 18 de abril, baixo o lema “Galiza nación. Un pobo con dereitos”. Sairá ás 11.30 da Alameda compostelá e rematará na Praza da Quintana, observando todas as normas estabelecidas como consecuencia do COVID-19. Será a culminación […]

33.000 sinaturas para unha canle infantil e xuvenil en galego na CRTVG

A Mesa pola Normalización Lingüística entrega no Parlamento de Galiza máis de 33000 sinaturas en apoio da Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular para instar ao goberno galego a tomar as medidas precisas para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha […]